.

.

lunes, 9 de mayo de 2016

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS



O pasado mércores 7 de maio, o alumnado de 6º curso desfrutou dunha mañá de deporte conxuntamente co alumnado do CPI de Zas. Dende as 10:00 ata as 11:40, todos/as os/as alumnos/as de 6º organizados en 4 equipos, xogaron (en partidos de 15 minutos de duración) contra os equipos do CPI de Zas ao brilé, balonmán, fútbol e baloncesto. Nunha mañán con moita calor, os/as participantes desfrutaron da práctica deportiva ao mesmo tempo que fixeron novos/as amigos/as.Temos que destacar que o comportamento de tódolos/as participantes foi exemplar. Unha vez rematados os partidos, os/as participantes desfrutaron dunha merenda conxunta con froita ( posta polo centro). Dende aquí queremos darlle as grazas ao alumnado  a aos mestres/as do CPI de Zas por desprazarse ata o noso centro e facer así posible esta xornada de convivencia deportiva na que tan ben o pasaron os/as nenos/as.





No hay comentarios:

Publicar un comentario