.

.

domingo, 17 de mayo de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015


Resultado de imagen de gifs badmintonResultado de imagen de gifs badminton

O sábado 16 de maio, pola mañán, celebrouse o campionato provincial alevín de bádminton en Outes.  No mesmo participaron 4 xogadoras e 1 xogador do Ceip San Vicenzo, os/as cales acadaran a súa clasificación para este campionato grazas os magníficos resultados conseguidos na fase intercomarcal. Nun campionato con moito nivel, os/as nosos/as respresentantes fixeron un bo papel ante xogadores/as que adestran e compiten habitualmente neste divertido deporte. Na categoría feminina as nosas representantes foron: María Villaverde Ameijeiras, Nerea Suárez Calo, Karina Mouzo Pazos e Andrea Méndez Arjomil. As catro fixeron uns magníficos partidos quedando eliminadas en oitavos de final. Na categoría masculina o noso representante foi Fabián Sendón Amado que tamén quedou eliminado en oitavos de final mostrando un gran nivel de xogo. 
NORABOA POR FACELO TAN BEN E CHEGAR ATA O CAMPIONATO PROVINCIAL E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA INFANTIL


Resultado de imagen de gifs atletismo relevoResultado de imagen de gifs salto de longitud

O pasado sábado 9 de maio, seis alumnos/as e atletas do Ceip San Vicenzo participaron na 2ª xornada infantil do campionato intercomarcal de atletismo en pista. A proba celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal en horario de tarde. Os/as nosos/as representantes disfrutaron dunha tarde magnífica practicando este gran deporte, acadando uns magníficos resultados en cada unha das probas nas que participaron. Destacar que todos/as melloraron as súas marcas persoais nalgunha proba . Así:

-Diego Romero Aguiar:  1º en salto de lonxitude cunha marca de 4.82; 1º nos 150 m.l. cun tempo de 20.47 e 6º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.10.
-Álvaro Quintáns García: 17º en salto de lonxitude cun mellor salto de 3.02; 12º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.41 e 17º en lanzamanto de disco cunha marca de 11.55. 
-Adrián Pereira Fernández: 11º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.47; 4º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13.41 e 9º en lanzamento de disco cunha marca de 14.19.
-David Villaverde Ameijeiras: 16º en salto de lonxitude cun rexistro de 3.04; 15º en lanzamento de peso con 4.90 e 16º en lanzamento de disco cunha marca de 12.05.
-Marcos Esperante Varela: 8º en lanzamento de peso cunha marca de 6.86 e 10º en lanzamento de disco cun rexistro de 13.87.
-Carolina González Castro:  2ª en lanzamento de disco cunha marca de 14.90; 5ª en lanzamento de peso con 5.88 e 3ª na súa serie de 150 m.l. cun rexistro de 27.07.

Ademais, o relevo infantil masculino 4x80 composto por Diego, Álvaro, David e Brais, acadou a 2ª posición na súa serie cun magnífico tempo de 51.42.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:

A seguinte proba será o campionato provincial o vindeiro 30 de maio en Ferrol. Estamos á espera de que nos chegue o ranking para coñecer que atletas se clasifican.
Dende aquí queremos felicitar a Diego, Álvaro, Adrián, David, Marcos e Carolina polos magníficos resultados acadados sen esquecer que O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER FACENDO DEPORTE xunto AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIRAS/OS.


viernes, 1 de mayo de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015


O pasado martes 28 de abril celebrouse na Serra de Outes o campionato intercomarcal de bádminton na categoría alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 16 xogadores/as, 8 na categoría feminina e 8 na categoría masculina. A competición disputouse no formato de cadro eliminatorio, é dicir, os/as xogadores/as quedaban eliminados/as en caso de perder o seu partido e ían pasando rondas en caso de gañar. Os resultados acadados polos/as nosos/as representantes foron moi bos, tendo en conta que nestas fases moitos/as dos/as xogadores/as que compoñen os cadros de competición pertencen a equipos de bádminton.

                                 XOGADORES E XOGADORAS DO CEIP SAN VICENZO

Na categoría feminina cun cadro de competición de 8 xogadoras, as nosas competidoras acadaron 3 medallas. Así :
  1. María Villaverde Ameijeiras de 5º, acadou a medalla de ouro.
  2. Nerea Suárez Calo de 6º, acadou a medalla de prata.
  3. Karina Mouzo Pazos de 5º, acadou a medalla de bronce.
PODIO ALEVÍN FEMININO

Estas tres xogadoras xunto con Laura Ramos Santos de 6º, que acadou a posición neste campionato intercomarcal, conseguiron a clasificación para o campionato provincial que se disputará o vindeiro 16 de maio en Outes. NORABOA ÁS CATRO!.

Na categoría masculina, cun cadro de competición de 16 xogadores,  os nosos representantes fixeron un magnífico campionato, destacando a medalla de bronce conseguida por Fabián Sendón Amado de 5º. Con este gran resultado, Fabián acada a clasificación para o campionato provincial. NORABOA FABIÁN!. Ademais tamén destacamos o bo papel feito por Álvaro Quintáns García e Adrián Pereira Fernández ámbolos dous de , que chegaron ata os cuartos de final.

       PODIO ALEVÍN MASCULINO

Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as participantes que competiron de xeito fantástico deixando o nome do Ceip San Vicenzo de Vimianzo moi alto, e tamén queremos desexarlles moita sorte aos cinco xogadores/as que nos representarán o vindeiro 16 de maio no campionato provincial en Outes. Non temos ningunha dúbida que o farán xenial. NORABOA E MOITA SORTE !.

RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR, DISFRUTAR E APRENDER XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.