.

.

martes, 10 de mayo de 2016

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO - 2015

ATLETISMO EN PISTA - 2º XORNADA BENXAMÍN /ALEVÍN



O pasado sábado 23 de abril, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a 2ª fase do campionato intecomarcal de atletismo en pista na categoría benxamín-alevín.O Ceip San Vicenzo estivo representado por 20 atletas que competiron de maneira extraordinaria dando mostras do seu gran nivel atlético o que os/as levou a acadar uns magníficos resultados, que foron os seguintes:

BENXAMÍN MASCULINO
-Xesús Pena Cundíns :  7º en lanzamento de pelota cunha mellor marca de 13.72 metros e 15º en salto de lonxitude cunha marca de 2.22.
-Borja Canosa Suárez: 3º na súa serie de 50m cun rexistro de 9.49 e 18º en lanzamento de pelota cunha marca de 9.71.

ALEVÍN MASCULINO
-Ousmane Sarr: 2º na súa serie de 60m cun tempo de 9.69 e 19º en lonxitude cun rexistro de 2.42.
-Brais Méndez Martínez : 4º na súa serie de 60m cun tempo de 10.56 e 20º en lonxitude cun salto de 2.29.
-David Pérez Miñones: 1º na súa serie de 60m cun tempo de 10.87 e 2º en lanzamento de peso cunha marca de 6.67.
-Sebastián Amado Canosa: 3º na súa serie de 60m cun tempo de 10.41 e 13ª en lanzamento de peso cunha marca de 15.16.
-Samuel Suárez García: 11º en 500m cun tempo de 1.57.05 e 3º na súa serie de 60m cun rexistro de 10.39.

BENXAMÍN FEMININO
-Arantxa Varela Gándara : 3ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.80  e 11ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 6.85.
-Sara Agra Romero: 2ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.80 e 3º en lanzamento de pelota cun rexistro de 9.55.
-Aldara Túñez Andrade: 4ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.90 e 10ª en lanzamento de pelota cunha marca de 6.86

ALEVÍN FEMININO
-Paula Andújar Paz: 1ª en lanzamento de peso cun rexistro de 6.87 metros e 3ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.05.
-Lucía Roget Blanco: 5ª en 500 metros cun rexistro de 1.47.4.
-María Mas Baña: 4º en lanzamento de peso cun rexistro de 5.62 e 2ª na súa serie de 60m cun rexistro de 10.86.
-Nerea Blanco Rial: 6ª en 500 metros cun rexistro de 2.06.63.
-Ángela Rey Figueira : 5ª en 500 metros cun rexistro de 2.02.2.
-Paula Torres Pedreira: 3ª na súa serie de 60m cun rexistro de 11.43 e 10ª en lanzamento de peso cunha marca de 4.63.
-Carmen López Pose: 3ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.00 e 8º en 1000m cun tempo de 4.31.6.
-Diana Trillo Santos: 7ª en 500m cun rexistro de 2.10.06 e 5ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.40.
-Natalia Torres Trillo: 6ª en 500m cun rexistro de 1.56.8.
-Paula Pérez Espasandín: : 1ª en 2000 marcha cun tempo de 13-47.86.
O equipo de 4x60 alevin feminino, composto por Lucía, Ángela, Natalia e Nerea, acadou o 2º posto cun tempo de 37.9.

 Dende aquí queremos felicitar aos nosos/as atletas polos fantásticos resultados acadados e recordando que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

LIGAS DE BALONCESTO 2015-16



Ao longo do segundo trimestre e durante o tempo de recreo, celebráronse as competicións de baloncesto de 3º curso, 4º curso, e 3º ciclo.
A competición de 3º curso organizouse en formato de liguilla baixo o sistema de lanzamentos a 21 puntos, é dicir, o primeiro equipo que chegase a eses número de puntos gañaba. Participaron 7 equipos que estaban compostos por 3-4 xogadores/as.Todos/as os/as participantes mostraron que teñen unha boa boneca para lanzar a canastra. Ao final da competición todos/as rebiron o seu diploma de participación.
A competición de 4º curso celebrouse en formato liguilla baixo o sistema de partido "normal", no cal se enfrontan dous equipos gañando o que acade máis puntos ao remate do tempo reglamentario. Participaron 4 equipos, proclamándose campión o equipo de LOS DIOSES DEL BALONCESTO de 4º A.Os partidos foron moi desputados, mostrando todos/as os/as xogadores/as un gran nivel de xogo destacando ademais pola magnífica deportividade mostrada.Os/as gañadores/as recibiron o seu diploma que os acredita como campións.
En canto á competición de 3º ciclo, celebrouse no mesmo formato que a competición de 4º curso e na mesma participaron 4 equipos.Foi unha competición moi intensa e igualada na que os partidos estiveron moi desputados ata os minutos finais.MVP foi o equipo que se proclamou campión da competición, recibindo cada un dos/as seus/súas compoñentes un diploma que os acredita como tal.
Dende aquí queremos darlle a noraboa a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron, RECORDÁNDOLLES QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE  É PARTICIPAR, XOGAR E APRENDER  XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

LIGAS DE BRILÉ 2015-16



Durante os recreos do primeiro e do segundo trimestre celebráronse as ligas de brilé de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria. A competición de 1º ciclo levouse a cabo ao longo do segundo trimestre. Foron 5 os equipos participantes os cales estaban compostos por xogadores/as mesturados/as de 1º e 2º de primaria (LEÓNS E LEOAS, TIGRES E TIGRESAS, CEBRAS, GACELAS E XIRAFAS). Todos/as o pasaron moi ben mostrando un gran nivel de xogo e unha gran deportividade.Todos/as os/as xogadores/as recibiron un diploma de participación.
A competición de 2º ciclo celebrouse ao longo do primeiro trimestre.Foron 4 os equipos participantes (LOS DRAGONES DE COMODO, LOS DESCENDIENTES, RUSCA LOS MEJORES, COCA-COLA).Os partidos foron moi disputados sen perder nunca a deportividade, proclamándose campión o equipo de RUSCA LOS MEJORES de 4º A.
En canto á competición de 3º ciclo dicir que se celebrou ao longo do primeiro trimestre e na cal participaron 5 equipos (BALONES DE ORO, OS VIMIANCESES, LOS GALÁCTICOS, LOS DIABLOS BLANCOS e BOOM).Todos/as os/as participantes mostraron un gran nivel de xogo e sobre todo unha gran deportividade.O equipo de LOS DIABLOS BLANCOS proclamouse campión da liga.
Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as participantes polo ben que o fixeron e pola gran deportividade mostrada ao longo da competición, RECORDANDO QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR E FACER DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN



Este curso, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebramos novamente a "Carreira Solidaria Save The Children" conxuntamente co día da paz. Nunha tarde soleada, todo o alumnado do centro, baixou ao patio para realizar unha coreografía da canción "A DANZA DA PAZ". Posteriormente, divididos en clases, comezando polos/as máis pequenos/as ata os /as máis maiores, realizaron a carreira solidaria. Os/as máis pequenos/as deron unha volta ao patio, mentras que os maiores deron tres voltas. Cada alumno/a participante aportou a cantidade de diñeiro que considerou oportuna co fin de recadar fondos para axudar aos nenos/as máis desfavorecidos. Nesta ocasión recadáronse 480€. Dende aquí queremos felicitarvos a todos/as pola gran solidaridade mostrada.
No seguinte enlace pódese ver un vídeo e as fotografías da actividade.


lunes, 9 de mayo de 2016

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS



O pasado mércores 7 de maio, o alumnado de 6º curso desfrutou dunha mañá de deporte conxuntamente co alumnado do CPI de Zas. Dende as 10:00 ata as 11:40, todos/as os/as alumnos/as de 6º organizados en 4 equipos, xogaron (en partidos de 15 minutos de duración) contra os equipos do CPI de Zas ao brilé, balonmán, fútbol e baloncesto. Nunha mañán con moita calor, os/as participantes desfrutaron da práctica deportiva ao mesmo tempo que fixeron novos/as amigos/as.Temos que destacar que o comportamento de tódolos/as participantes foi exemplar. Unha vez rematados os partidos, os/as participantes desfrutaron dunha merenda conxunta con froita ( posta polo centro). Dende aquí queremos darlle as grazas ao alumnado  a aos mestres/as do CPI de Zas por desprazarse ata o noso centro e facer así posible esta xornada de convivencia deportiva na que tan ben o pasaron os/as nenos/as.





BÁDMINTON - CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN



O pasado xoves 21 de abril, celebrouse no polideportivo da Serra de Outes, o campionato intercomarcal alevín de bádminton no que o Ceip San Vicenzo de Vimianzo estivo representado por 35 xogadores/as (20 en categoría masculina e 15 en categoría feminina).Todos/as competiron de maneira fantástica, demostrando un gran nivel de xogo. Na categoría masculina, o xogador  que obtivo o mellor resultado foi Fabián Sendón Amado, chegando ata os cuartos de final. Pero os mellores resultados chegaron na categoría feminina na cal as nosas xogadoras acadaron tres medallas. Lucía Roget Blanco e Alexandra Romero Pais realizaron un magnífico campionato acadando a medalla de bronce, mentres que María Villaverde Ameijeiras xogou de maneira fantástica todos os partidos, proclamándose nada máis e nada menos que campiona intercomarcal. Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as xogadores/as polo ben que o fixeron, E RECORDANDO QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICPAR, XOGAR E DESFRUTAR FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.









ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA INFANTIL



O pasado sábado 7 de maio, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a segunda xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista na categoría infantil. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 6 atletas que competiron de maneira fantástica mostrando un gran nivel nas probas nas que participaron.

Os resultados dos/as nosos/as atletas foron os seguintes:

INFANTIL MASCULINO
  • Hugo Santos Pérez : 2º na súa serie de 80 m.l cun tempo de 13,88, 7º en lanzamento de disco cunha marca de 15,40 e 2º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 17,33.
  • Fabián Sendón Amado : 22º en salto de lonxitude cunha marca de 2,68, 11º en lanzamento de disco cunha marca de 11,68 e 2º na súa serie de 220 m.v. cun tempo de 46,81.
  • Manuel Canosa Dopazo : 2º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 17,81, 5º en lanzamento de disco cunha marca de 16,05 e 5º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 16,87.
INFANTIL FEMININO
  • Antía Ageitos Pasantes : 5ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 19,04, 14ª en lanzamento de peso cunha marca de  3,23.
  • María Villaverde Ameijeiras : 13ª en salto de lonxitude cunha marca de 3,26 , 1ª en 1000 m.l. cun tempo de 3.38.62, 2ª na súa serie de 220 m.v. cun tempo de 44,50.
  • Andrea Méndez Arjomil :4ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 14,92, 4ª en lanzamento de disco cun rexistro de 14,31 , 4ª en lanzamento de peso cunha marca de 5,82. 

Dende aquí queremos felicitar aos/as nosos/as atletas polos magníficos resultados acadados que seguramente mellorarán nas seguintes competicións grazas a súa capacidade de esforzo, sacrificio e ilusión que mostran día tras día, E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


ATLETISMO EN PISTA - 1ª XORNADA INFANTIL


 

O pasado sábado 16 de abril, celebrouse nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, a primeira xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista na categoría infantil.O Ceip San Vicenzo estivo representado por 8 atletas que competiron de maneira fantástica mostrando un gran nivel nas probas nas que participaron.

Os resultados dos/as nosos/as atletas foron os seguintes:

INFANTIL MASCULINO
  • Hugo Santos Pérez : 5º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 12.9, 4º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 18,76, 7º en lanzamento de peso cunha marca de 7,23.
  • Fabián Sendón Amado : 6º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13.2, 13º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 11,11,4º en lanzamento de disco cunha marca de 13,22.
  • Brais Santos Barreiro : 4º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13.1, 14º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 10,75, 18º en lanzamento de peso cunha marca de 4,42.
  • Manuel Canosa Dopazo : 7º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 17.9, 16º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 10,70,10º en lanzamento de peso cunha marca de 6,10.
INFANTIL FEMININO
  • Antía Ageitos Pasantes : 6ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 22.0, 19º cunha marca de 3,91.
  • María Villaverde Ameijeiras : 3ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 11.6, 3ª en 1000 m.l cun rexistro de 3.33.40,14ª cunha marca de 4,59.
  • Andrea Méndez Arjomil : 6ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 14.6, 8ª en lanzamento de peso cunha marca de 5,64,6ª en lanzamento de disco cunha marca de 10,95.
  • Karina Mouzo Pazos : 20ª en lanzamento de peso cunha marca de 3,22,9ª en lanzamento de disco cun rexistro de 8,99.12ª en lanzamento de xavelina cunha marca de 5,25.

Dende aquí queremos felicitar aos/as nosos/as atletas polos magníficos resultados acadados que seguramente mellorarán nas seguintes competicións grazas a súa capacidade de esforzo, sacrificio e ilusión que mostran día tras día,E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.