.

.

sábado, 25 de abril de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA BENXAMÍN/ALEVÍN



Resultado de imagen de gifs atletismoResultado de imagen de DIBUJO SALTO DE LONGITUD
O pasado sábado 18 de abril celebrouse na Pobra do Caramiñal a 2ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista nas categorías benxamín e alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 14 atletas que disfrutaron e competiron de maneira fantástica acadando uns magníficos resultados. Así :

-Paula Andújar Paz: benxamín, 1ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 16.8 e 2ª na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 9.53.
-Ousmane Sarr: benxamín, 1º na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 8.69 e 2º na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.47.79.
-Alonso de Vicente Martínez: benxamín, 2º na súa serie de 50 m.l. cun tempo de 9.39 e 4º na súa serie de 500 m.l. cun rexistro de 1.51.45.  
-Fabián Sendón Amado: alevín, 7º en lanzamento de pelota cun rexistro de 20.12 e 10º en salto de lonxitude con 2.92.
-Hugo Santos Pérez:  alevín, 1º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.42 e 1º en lanzamento de pelota cun rexistro de 28.94.
-Manuel Canosa Dopazo: alevín, 4º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.80 e 18º en lanzamento de pelota con 13.81.
-Brais Santos Barreira: alevín, 4º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.97 e 17º en lanzamento de pelota cunha marca de 14.07.
-Paula Pérez Espasandín:  alevín, 20ª en salto de lonxitude cun rexistro de 2.28 e 12ª en lanzamento de pelota con 9.33.
-Nerea Blanco Rial: alevín, 3ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.70 e 10ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de  2.03.77.
-Natalia Torres Trillo: alevín, 4ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.47 e 12ª  na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 2.02.81.
-Lucía Roget Blanco: alevín, 2º na súa serie de 60 m.l. cun rexistro de 10.29  e 6ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.48.67.
-Andrea Méndez Arjomil: alevín, 5ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.34 e 10ª en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.03.
-Nerea Rojo Arjomil: alevín, 2º na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.27. e 11ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de  2.06.04.
-María Villaverde Ameijeiras: alevín, 2ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.40.67  e 5ª en  salto de lonxitude cun rexistro de 2.99.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:


AGORA SOAMENTE QUEDA  AGARDAR A QUE REMATEN OS CAMPIONATOS INTERCOMARCAIS DA ZONA NORTE DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA COÑECER AOS 16 PRIMEIROS DO RANKING DE CADA PROBA  QUE SE CLASIFICAN PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL.
NORABOA POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS ACADADOS E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



viernes, 24 de abril de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA -1ª XORNADA INFANTIL


Resultado de imagen de GIFS ATLETISMO CHICA CORRIENDOResultado de imagen de GIFS ATLETISMO CHICA CORRIENDO

O pasado sábado 11 de abril, cinco alumnos/as e atletas do Ceip San Vicenzo participaron na 1ª xornada infantil do campionato intercomarcal de atletismo en pista. A proba celebrouse nas pistas de atletismo de Riveira en horario de tarde. Os/as nosos/as representantes disfrutaron dunha tarde magnífica practicando atletismo, acadando uns magníficos resultados en cada unha das probas nas que participaron. Así:

-Diego Romero Aguiar: 1º nos 150 m.l. cun tempo de 20.73; 2º en lanzamento de peso con 7.59 e 4º en salto de lonxitude cun mellor salto de 4.11.
-Álvaro Quintáns García: 22º en salto de lonxitude con 2.92 e 14º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.46.
-Adrián Pereira Fernández: 12º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 6.54 e 3º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13.16.
-David Villaverde Ameijeiras: 12º en 500 m.l. cun tempo de 1.44.94; 21º en salto de lonxitude cun rexistro de 3.00 e 23º en lanzamento de peso con 4.89.
-Carolina González Castro: 5ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 14.73; 4ª na súa serie de 150 m.l. cun rexistro de 28.05 e 8ª en lanzamento de peso con 5.10.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:


A segunda xornada celebrarase o vindeiro 9 de maio na Pobra do Caramiñal.
NORABOA POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS ACADADOS E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



martes, 7 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA



Cada 6 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA.O obxectivo é promover a actividade física como elemento fundamental de saúde e benestar. A actividade física consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos esqueléticos que levan consigo un consumo de enerxía. A intensidade da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos de actividade física encóntranse : camiñar a paso lixeiro, bailar, montar en bicicleta, nadar, correr, etc.
A duración e intensidade da actividade física diaria depende en gran medida da idade, sendo o recomendado para cada unha delas:

  • Nenos e xóvenes de entre 5 e 17 anos deben realizar 60 minutos de actividade física diaria.
  • Para persoas entre 18 e 64 anos o recomendado é realizar 150 minutos semanais ou ben 75 minutos de actividades física vigorosa.
  • As persoas maiores de 65 anos deben realizar algunha actividade física polo menos 3 días á semana.

Coa realización de actividade física de maneira regular conseguimos numerosos beneficios  para o noso organismo evitando así a aparición de enfermidades como por exemplo:

  • Diabetes
  • Obesidade
  • Sobrepeso
  • Osteoporose
  • Cancro de colon
  • Enfermidades cardiovasculares

Por iso, dende o Ceip San Vicenzo de Vimianzo, queremos decirvos a todos/as: FAI DEPORTE!!!!