.

.

martes, 7 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA



Cada 6 de abril celébrase o DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA.O obxectivo é promover a actividade física como elemento fundamental de saúde e benestar. A actividade física consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos esqueléticos que levan consigo un consumo de enerxía. A intensidade da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos de actividade física encóntranse : camiñar a paso lixeiro, bailar, montar en bicicleta, nadar, correr, etc.
A duración e intensidade da actividade física diaria depende en gran medida da idade, sendo o recomendado para cada unha delas:

  • Nenos e xóvenes de entre 5 e 17 anos deben realizar 60 minutos de actividade física diaria.
  • Para persoas entre 18 e 64 anos o recomendado é realizar 150 minutos semanais ou ben 75 minutos de actividades física vigorosa.
  • As persoas maiores de 65 anos deben realizar algunha actividade física polo menos 3 días á semana.

Coa realización de actividade física de maneira regular conseguimos numerosos beneficios  para o noso organismo evitando así a aparición de enfermidades como por exemplo:

  • Diabetes
  • Obesidade
  • Sobrepeso
  • Osteoporose
  • Cancro de colon
  • Enfermidades cardiovasculares

Por iso, dende o Ceip San Vicenzo de Vimianzo, queremos decirvos a todos/as: FAI DEPORTE!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario