.

.

domingo, 22 de marzo de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA - 1ª XORNADA BENXAMÍN / ALEVÍN

Gif AtletaAtleta


O pasado sábado 14 de marzo, 9 alumnos/as e atletas alevíns e benxamíns do Ceip San Vicenzo participaron na 1ª XORNADA DO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE ATLETISMO EN PISTA que se celebrou no Estadio Universitario de Santiago de Compostela. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica deportiva, os/as nosos/as representantes disfrutaron e competiron de maneira fantástica acadando uns magníficos resultados. Así:

-Alonso de Vicente Martínez : benxamín, 3º na súa serie dos 50 m.l. cun tempo de 9.37 e 4º na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.53.25.
-Fabián Sendón Amado : alevín, 12º en lonxitude cun mellor salto de 2.60 e 11º en 500 m.l. cun tempo de 1.56.98.
-Paula Pérez Espasandín :  alevín, 4ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 12.33 e 32ª en lonxitude cun salto de 2.19.
-Nerea Blanco Rial : alevín, 3ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.16 e 8ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de  2.05.00
-Natalia Torres Trillo: alevín, 6ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.68 e 9ª  na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 2.05.73.
-Lucía Roget Blanco: alevín, descalificada nos 60 m.l. por saírse da súa "calle" e 7ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 1.54.07.
-Andrea Méndez Arjomil : alevín, 5ª na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 11.74 e 8ª en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 4.90.
-Nerea Rojo Arjomil : alevín, 7ª na súa serie de 500 m.l. cun tempo de 2.02.03 e  40ª en lonxitude cun salto de 1.79.
-María Villaverde Ameijeiras : alevín, 2ª na súa serie de 500 ml. cun tempo de 1.43.51  e 12ª en lonxitude cun rexistro de 2.64.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:


A 2ª xornada será o vindeiro 18 de abril na Pobra do Caramiñal. NORABOA POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS ACADADOS E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



HISTORIAS DE SUPERACIÓN - PARTE 3

Enhamed Enhamed é un nadador español de élite nado nas Palmas de Gran Canaria en 1987.Nadador do Club Natación Metropole e Embaixador de Gran Canaria, é considerado por moitos o mellor nadador paralímpico da historia despois de conseguir o mellor resultado dun nadador nunhas paraolimpiadas coa consecución de 4 medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos de Pekín 2008. No 2010 aumentou aínda máis a súa lenda conquistando novamente 4 ouros e unha prata no Campionato do Mundo de Natación Adaptada celebrado en Eindhoven (Holanda). Un ano despois, no 2011, no Europeo de Berlín, volveu a gañar outras cinco medallas. Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 gañou tres novas medallas ( dúas pratas e un bronce), establecendo ademais un novo récord de Europa. Na actualidade ademais de seguir adestrando para acadar novos éxitos deportivos, imparte conferencias a executivos de empresas, colectivos de traballadores e estudiantes, transmitindo unha serie de coñecementos que axudan á superación e motivación persoal.

Enhamed quedou cego aos 8 anos debido a un desprendemento de retina. Esa circunstancia levouno a esforzarse para poder ser independente no seu día a día. Uns meses despois aprendeu a nadar co seu primeiro adestrador, Ramón del Villar, co cal ademais da técnica adquiríu unha serie de valores fundamentais na súa carreira deportiva e na vida, e que se poden resumir na frase: “PODES FACELO, SOAMENTE TERÁS QUE ENCONTRAR COMO”. Con 13 anos, tras regresar a Canarias despois de vivir cinco anos en Madrid, decide intensificar o seu traballo e profesionalizar o seu adestramento dunha maneira máis constante. Dende entón, a natación convertíuse na súa forma de vida, na ponte entre o esforzo e a constante mellora persoal, ao tempo que lle aportou unha gran seguridade e confianza en si mesmo, algo que lle resultou moi útil na súa adolescencia. A partir de aquí chegaron as competicón e os éxitos na categoría S11, cegos totais, onde pese á súa xuventude xa participou en catro mundiais absolutos, un xúnior e dous Xogos Paralímpicos, con excelentes resultados. Os seus adestramentos aumentaron ano a ano en duración e intensidade, ata chegar ás nove sesións semanais de tres ou catro horas que actualmente realiza no Centro de Alto Rendemento de Madrid, con cuarenta  minutos no ximnasio como quecemento, unha parte central de traballo máis específico na auga de aproximadamente dúas horas e outra etapa final de ximnasio na cal se fan diferentes circuítos que complementan o traballo xa realizado
Un grandísimo exemplo de superación persoal e deportiva do que podemos aprender que con forza de vontade, esforzo, gañas, superación persoal… podemos conseguir todo o que nos propoñamos na nosa vida, e o que é máis importante, conseguir ser felices cada día.

martes, 3 de marzo de 2015

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015

Novo éxito en campo a través de María Villaverde Ameijeiras. A alumna e atleta de 5º de primaria realizou unha impresionante carreira no campionato galego celebrado en Monterrei (Ourense) o pasado sábado 21 de febreiro, no cal acadou o 5º posto. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo e nun circuíto inmellorable para unha proba de campo a través, María  realizou unha carreira perfecta. A pesar de esvarar na saída, conseguíu recuperar posicións durante toda a proba. Foi de menos a máis, superando atletas nas dúas voltas que tiñan que dar ao circuíto. Ao final da primeira volta ocupaba a 8ª posición, posto que mantiña a falta de 300 metros, momento no cal realizou un magnífico cambio de ritmo co cal conseguíu colocarse na 5ª posición que mantivo ata a meta. Con este excelente resultado, María cerra unha tempada de campo a través que se pode calificar de impresionante, na cal acadou o campionato comarcal, o subcampionato intercomarcal e a medalla de bronce no campionato provincial. Neste mes de marzo, María comezará xunto con outros/as alumnos/as do Ceip San Vicenzo, a súa participación nos campionatos de atletismo en pista. NORABOA POLOS ÉXITOS CONSEGUIDOS, SORTE PARA AS SEGUINTES COMPETICIÓNS E A SEGUIR DISFRUTANDO FACENDO DEPORTE!.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace: