.

.

miércoles, 28 de enero de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2014-15


O pasado venres 23 de xaneiro no "Campamento Xuvenil Virxe do Loreto" en Porto do Son, celebrouse o campionato intercomarcal de campo a través.O Ceip San Vicenzo estivo representado por sete atletas que competiron de maneira excelente.O primeiro dos/as nosos/as representantes en tomar parte na proba foi Ousmane Sarr na categoría benxamín masculino.O alumno de 3º de primaria acadou un excelente 18º posto.A continuación disputouse a proba da categoría alevín feminina na cal o Ceip San Vicenzo estivo representando por seis atletas.Todas fixeron unha magnífica carreira, destacando María Villaverde Ameijeiras, a cal acadou nada máis e nada menos que o subcampionato intercomarcal, un resultado extraordinario.NORABOA MARÍA!.Tamén destacan os resultados acadados por Lucía Roget Blanco (24ª), Nerea Blanco Rial (29ª) e Natalia Torres Trillo (39ª). Paula Pérez Espasandín e Eva Pérez Martínez non conseguiron rematar a carreira debido a que sufriron sendas caídas durante a mesma.A gran proba realizada polas nosas representantes levounas a conseguir un excelente 4º posto na clasificación por equipos. Dende aquí queremos felicitar aos/ás nosos/as representantes polo ben que o fixeron e desexarlle moita sorte a María Villaverde para o campionato provincial, o cal se celebrará o vindeiro 7 de febreiro na Pobra do Caramiñal. E RECORADE QUE O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR E DIVERTIRSE FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



Pódense ver algunhas fotos máis no seguinte enlace:






lunes, 26 de enero de 2015

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO 2014



O pasado venres 21 de decembro, celebramos o tan esperado e desexado CAMPIONATO DO BAILE DO PEÓN.A idea era realizalo o día que se celebrou o MAGOSTO, pero debido ao mal tempo desa data, foise aprazando ata que que por fin tivemos unha tarde "tranquila" climatolóxicamente falando. O campionato celebrouse no patio dianteiro do colexio.A participación foi moi numerosa, dende os/as alumnos/as de infantil 3 anos ata o alumnado de 6º de primaria.A competición dividiuse por niveis e por ciclos.Os/as participantes debían lanzar o seu peón xunto co seu rival que lle tocou por sorteo.O peón que máis bailase pasaba á seguinte ronda.Así ata chegar á final.O campión de cada nivel disputaba a final contra o campión do outro nivel do mesmo ciclo.Destacar que o alumnado de infantil tamén participou, empregando unhas peonzas feitas por eles e moi ben deseñadas polas súas mestras.Os "combates" foron moi igualados e fixeron a delicia dos espectadores, demostrando os/as participantes unha gran habilidade cos seus peóns.Unha vez rematada a competición, algúns alumnos/as de primaria que realizan auténticas e espectaculares "maniobras" co seu peón, realizaronlle unha pequena exhibición aos nenos/as de infantil que quedaron abraiados.Esperamos que o vindeiro ano aínda sexan máis os/as alumnos/as que participen neste gran espectáculo deportivo mantendo viva unha tradición que demostra que os xogos e xoguetes tradicionais son excepcionalmente divertidos e sociabilizadores.Ao final da xornada, fíxose entrega dos premios do CAMPIONATO DO BAILE DO PEÓN e tamén do CAMPIONATO DE DECORACIÓN DE PEÓNS.Neste último a participación tamén foi moi elevada e de gran calidade, podendo observarse fantásticas creacións cos peóns que podedes visualizar nos enlaces que acompañan.Os/as campións e subcampións de cada ciclo en ámbolos dous campionatos, recibiron un peón de ouro e un peón de prata respectivamente.Noraboa a todos/as e RECORDADE UNHA COUSA MOI IMPORTANTE: GAÑAR ESTÁ MOI BEN, PERO O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR E DIVERTIRSE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.Pódense ver tódalas fotos do dia do peón nos seguintes enlaces :



CADRO DE GAÑADORES/AS

CAMPIONATO DE DECORACIÓN                                CAMPIONATO DE BAILE

INFANTIL                                                                              INFANTIL

1º : Enzo Canosa Rojo                                                           1º : Andrea Jiménez Louzan                  
 2º : Gael Alonso Pereira                                                       2º : Manuel Santos Santos

1º CICLO PRIMARIA                                                           1º CICLO PRIMARIA

1º: Anxo Trillo Lista                                                              1º : Miguel Blanco Varela
 2º: Hugo Castiñeira Santos                                                  2º : Manuel Gómez Lema

2º CICLO PRIMARIA                                                           2º CICLO PRIMARIA

1º: Martín López Pereira                                                      1º: Grabiel Touriñán Silvarredonda
 2º: Nuria Castelo Ramos                                                       2º: Samuel Rodríguez Regueira

3º CICLO PRIMARIA                                                           3º CICLO PRIMARIA

1º: Alexia Canosa Rojos                                                       1º: Jonathan López García
 2º: Sergio Mouzo Ferreiro                                                  2º: Pablo Blanco Varela





miércoles, 14 de enero de 2015

HISTORIAS DE SUPERACIÓN - PARTE 2

O deporte está cheo de historias maravillosas de superación, no que grazas ao tesón e forza de vontade, os seus protagonistas conseguiron superar e derrubar moitas barreiras físicas e psicolóxicas, chegando a alcanzar un alto rendemento deportivo, a pesar dos obstáculos que se atoparon na vida.Son historias que nos ensinan que nada é imposible, e que con gañas, ilusión, esforzo, superación, sacrificio, forza de vontade...podemos conseguir todo o que nos propoñamos na nosa vida.Non hai imposibles.Acadar os nosos soños é posible.

Porter Ellet xoga ao baloncesto no equipo do seu instituto.É o máximo anotador (16 puntos de promedio) e o auténtico líder do Wayne High Scholl Badgers.E todo isto con un só brazo posto que Ellet perdeu a súa extremidade dereita nun accidente cando era neno.A pesar de que soamente ten un brazo, loita coma o que  máis: anota, colle rebotes, rouba balóns e é o líder natural do seu equipo. A de Porter, máis que unha historia de deporte, é todo un exemplo de superación que merece un aplauso.Ellet compensou a perda do seu brazo con paciencia, práctica e bo facer, tal e como se pode ver no vídeo.Un gran exemplo para todas as persoas.


martes, 6 de enero de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL INFANTIL DE BÁDMINTON 2014-15



Na mañá do pasado xoves 27 de novembro no pavillón polideportivo municipal de Outes, celebrouse o campionato comarcal de bádminton na categoría infantil.O Ceip San Vicenzo, estivo representado por Diego Romero Aguiar e  Jonathan López García. A competición dividíuse en grupos de tres xogadores que debían enfrontarse entre sí ao mellor de 15 puntos.O gañador de cada grupo clasificábase para a seguinte fase.Os nosos representantes fixeron unha gran competición aínda que non acadaron a clasificación para o campionato comarcal.Jonathan realizou dous bos partidos contra dous rivais que mostraron un gran nivel de xogo.Plantoulles cara pero non puido gañar ningún dos seus partidos.Diego estivo a piques de lograr a clasificación, posto que gañou un dos seus partidos.Foi de menos a máis na competición.No primeiro partido, ante un gran rival, perdeu por un marcador moi axustado, notándose un pouco nervioso nalgúns puntos.En cambio, no segundo partido máis tranquilo e mellor plantado na pista, conseguíu acadar o triunfo despregando un gran xogo. 
Ademais de xogar e disfrutar co bádminton, os nosos representantes coñeceron a nenos e nenas doutros colexios, cumpríndose un dos obxectivos tan importantes do deporte como é o de sociabilizarse.Dende aquí queremos felicitar aos dous pola gran competición realizada e esperamos que continúen xogando e disfrutando co bádminton.