.

.

jueves, 11 de diciembre de 2014

CAMPIONATO COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2014

                                                           


Na mañá do pasado venres 5 de decembro, celebrouse no Estadio Municipal de San Paio Refoxo (Cee), o campionato comarcal de campo a través.Cunha climatoloxía excelente para a práctica do atletismo, foron 61 os/as representantes do Ceip San Vicenzo que participaron na proba, dende a categoría benxamín ata a infantil.Todos/as o fixeron moi ben, cada un dentro das súas posibilidades, destacando os/as alumnos/as que conseguiron medalla.Así, na categoría benxamín masculino, Ousmane Sarr acadou o subcampionato namentres que Alonso de Vicente Martínez chegou á meta no 9º posto.Na categoría alevín feminino, María Villaverde Ameijeiras acadou o campionato, Lucía Roget Blanco conseguíu a 4ª posición e Nerea Blanco Rial chegou á meta no 8º posto. Ademais, temos que destacar que o equipo Alevín Feminino conseguíu o subcampionato. 
Os resultados máis destacados por categorías foron os seguintes: 

BENXAMÍN FEMININO                                                            
Carmen Lópèz Pose : 21ª
Paula Andújar Paz: 26ª
Carla Soto Andrade: 30ª
Uxía Alborés Canosa: 31ª


BENXAMÍN MASCULINO
Ousmane Sarr : 2º
Alonso de Vicente Martínez : 9º
Julián Blanco Andrade: 28º
Fabio Riveiro Oreiro: 33º

ALEVÍN FEMININO
María Villaverde Ameijeiras : 1ª
Lucía Roget Blanco: 4ª
Nerea Blanco Rial: 8ª
Natalia Torres Trillo: 22ª

ALEVÍN MASCULINO
Victor Canosa González: 11º
Brais Santos Barreira: 16º
Samuel Rodríguez Regueira: 22º
Hugo Santos Pérez: 38º

INFANTIL FEMININO
Nerea Plaza Fernández: 48ª

INFANTIL MASCULINO
Diego Romero Aguiar: 17º
Francisco Infesta Gándara: 27º
Álvaro Quintáns García: 55º
David Villaverde Ameijeiras: 56º

Tendo en conta que para o campionato intercomarcal se clasifican os/as 8 primeiros clasificados de cada categoría e os 2 primeiros equipos, o Ceip San Vicenzo estará representado no intercomarcal por: 

  • Ousmane Sarr  na categoría benxamín masculino.
  • María Villaverde Ameijeiras, Lucía Roget Blanco, Nerea Blanco Rial, Natalia Torres Trillo, Paula Pérez Espasandín e Eva Pérez  Martínez na categoría alevín feminino.

Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron,especialmente a aqueles que acadaron medalla e a clasificación para a seguinte fase, e esperamos que o vindeiro ano sexan máis os/as alumnos/as que se animen a participar nesta actividade, nal cal ademais de disfrutar practicando exercicio físico tamén se acadan outros obxectivos como superarse a sí mesmos/as en base ás súas posibilidades ou coñecer e relacionarse con nenos/as doutros colexios, o que fai desta actividade unha experiencia moi enriquecedora para todos/as.E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE REALIZANDO ACTIVIDADE FÍSICA XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

lunes, 8 de diciembre de 2014

HISTORIAS DE SUPERACIÓN - PARTE 1

O deporte está cheo de historias maravillosas de superación, no que grazas ao tesón e forza de vontade, os seus protagonistas conseguiron superar e derrubar moitas barreiras físicas e psicolóxicas, chegando a alcanzar un alto rendemento deportivo, a pesar dos obstáculos que se atoparon na vida.Son historias que nos ensinan que nada é imposible, e que con gañas, ilusión, esforzo, superación, sacrificio, forza de vontade...podemos conseguir todo o que nos propoñamos na nosa vida.Non hai imposibles.Acadar os nosos soños é posible.

HISTORIA DE SUPERACIÓN - PARTE 1

Despois de que Rick, con unha severa parálise cerebral participara nunha carreira solidaria, sentíu como nunca que podía ser igual aos demais, e díxolle  ao seu pai que o seu soño era participar nun triatlón.O seu pai non o dubidou nin un intre co mérito que eso conleva se temos en conta que Dick (o seu pai) non sabía nadar e que nunca antes montara en bicicleta ( é el o que pedalea e nada levando ao seu fillo).O mito fíxose realidade cando esta parella fantástica de pai e fillo, tras anos de adestramento compartindo miles de kilómetros, lograron rematar un Ironman, unha das probas deportivas máis duras do mundo.Unha verdadeira historia de amor e motivación para todos.





domingo, 29 de junio de 2014

TORNEOS DE BÁDMINTON


     

Veñen de rematar os torneos de bádminton que se celebraron ao longo dos meses de abril e maio no Ceip San Vicenzo e que tanto éxito de participación tiveron.Máis de 70 nenos/as competiron por parellas nas tres categorías existentes, divididas segundo o curso escolar.Así celebrouse un torneo para os/as alumnos/as de 3º de educación primaria, outro torneo para os/as alumnos/as de 4º de educación primaria e por último un torneo para o 3º ciclo de educación primaria ( 5º e 6º).Os partidos celebráronse nos recreos da mañán, no polideportivo.Os partidos de 3º e 4º de primaria disputáronse  ao mellor de 15 puntos; mentres que os partidos do torneo do 3º ciclo xogáronse ao mellor de 21 puntos.Case tódolos partidos foron moi igualados, dende as primeiras roldas ata as finais, mostrándo os/as xogadores/as unha gran destreza coa raqueta e a pluma.En cada torneo houbo un cadro principal polo cal avanzaban as parellas que gañaban os seus partidos, e un cadro de consolación ao que accedían as parellas que perdían en primeira ou segunda rolda do cadro principal.O obxectivo do cadro de consolación era que tódalas parellas tivesen a oportunidade de xogar polo menos  dous partidos, e ao mesmo tempo manter o interese e a ilusión por seguir xogando.Unha vez rematados os torneos, podemos afirmar rotundamente que foi unha magnífica idea, posto que houbo parellas que perdendo na primeira ronda do cadro principal, mantiveron a ilusión por xogar e lograron chegar á final do cadro de consolación. Isto significa, e que é o máis importante, que xogaron 3 ou 4 partidos máis, e que de non haber cadro de consolación únicamente houbesen xogado un só partido, polo que é moi probable que o seu nivel de motivación para seguir practicando bádminton fose baixo.Visto o visto nos recreos, o éxito do bádminton foi rotundo, xa que unha vez rematada a súa participación nos torneos, foron e son moitos/as os/as nenos/as que durante o recreo achéganse ao polideportivo para divertirse xogando a este deporte.
No torneo de 3º curso de primaria, a final do cadro principal disputárona tres parellas ( realizouse un triangular; cada parella tiña que xogar dous partidos contra as outras dúas parellas, sumando por cada victoria tres puntos).O cadro de honra foi o seguinte:

1ºposto: ALEJANDRO ROEL / NATALIA TORRES (3ºB)
2ºposto: LUCÍA ROGET / ALEXANDRA ROMERO (3ºB)
3ºposto: BRAIS SANTOS / ADRIÁN PAZOS (3ºA)

En canto ó cadro de consolación o resultado final foi o seguinte:

1ºposto: NEREA BLANCO  / ANTÍA OZÓN  (3ºA)
2ºposto: ISABELLA SARRIA / SHARAY CAAMAÑO (3ºA)

No torneo de 4º curso de primaria,  o resultado final do cadro principal foi o seguinte:

1ºposto: SERGIO MOUZO / FABIÁN SENDÓN
2ºposto: KARINA MOUZO / ANDREA MÉNDEZ / NOELIA SPATA

En canto ao cadro de consolación, o resultado final foi o seguinte:

1º posto: VÍCTOR CANOSA / PABLO BLANCO
2º posto: MIGUEL SUÁREZ / MANUEL CANOSA

E por último, no torneo de 3º ciclo, as finais tanto do cadro principal coma do cuadro de consolación, disputáronse entre 3 parellas (cada final), baixo o formato "final triangular".Cada parella xogaba dous partidos contra as outras dúas parellas.Cada victoria sumaba tres puntos.O resultados finais foron os seguintes:

Cadro principal 3º ciclo:

1ºposto: ALBERTO ANDÚJAR / FLAVIO CASTRO
2ºposto: DAVID BLANCO / DANIEL ARIAS
3ºposto: HILARIO SUÁREZ / DIANA RODRÍGUEZ

Cadro de consolación 3º ciclo:

1º posto: GUILLERMO DEL MORAL / RODRIGO GONZÁLEZ
2º posto: BRAIS TOURIÑÁN / MARIO REGUEIRA
3ºposto: ANÍBAL CALO / JOSE CASTRO

Noraboa a tódolos/as participantes e esperamos que continuedes xogando coa raqueta e a pluma. Esperamos vervos a todos/as nos torneos do vindeiro ano e que animedes a participar aos compañeiros/as que este ano non o fixeron.E non nos podemos esquecer dos árbitros que co seu magnífico traballo axudaron a que esta competición se desenvolvese con normalidade.MOITAS GRAZAS!E recordade, gañar está moi ben pero O MÁIS IMPORTANTE E PARTICIPAR E DIVERTIRSE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
A continuación podedes ver tres montaxes con fotos sobre o campionato.Esperamos que vos gusten.Un saúdo.
CAMPIONATO DE 3º CICLO DE ED.PRIMARIA


CAMPIONATO DE 4º ED.PRIMARIA



CAMPIONATO DE 3º ED.PRIMARIA


miércoles, 25 de junio de 2014

PARTIDO DE BRILÉ ALUMNOS/AS DE 6º VS PROFES


O pasado venres 13 de xuño, no recreo da mañán, celebrouse no polideportivo un partido de brilé moi especial.Os/as alumnos/as de 6º despedíronse do cole xogando contra os/as mestres/as.En equipos de 8, fóronse rotando tódolos/as alumnos/as de 6º A e 6º B. Por parte do equipo dos/as mestres/as xogaron: Lucía, Maica, Águeda, Yolanda, Jesús, Mónica, Amparo, Chus, Rebeca, Eva, José Antonio e David. Dende aquí queremos darlles as grazas, posto que sen eles isto non sería posible.Esperamos que todos/as o pasárades moi ben.Disfrutade do verán e non vos esquezades de FACER DEPORTE!.

martes, 24 de junio de 2014

LIGAS DE FÚTBOL 2013-2014

                                                        Gifs animados de fútbol para niños




Veñen de rematar as ligas de fútbol celebradas no Ceip San Vicenzo cunha alta participación. A competición dividíuse en dous grupos. Por un lado xogaban os equipos de 2º ciclo, e por outro os equipos de 3º ciclo. Os equipos tiñan que estar formados por un mínimo de seis xogadores/as, non existindo un número máximo de xogadores/as por equipo.Era obrigatorio que xogasen todolos/as compoñentes do equipo en cada partido. A competición xogouse a unha soa volta (cada equipo xogou contra todos os demais unha vez).A victoria sumaba tres puntos e o empate un. Os partidos celebráronse no polideportivo e no campo de fútbol do patio exterior. Na competición de 2º ciclo participaron 4 equipos : LOS MIXELS (4ºB), THE WOLF(4ºA), CRACKS(3ºA) e CABANA(3ºB). Tódolos partidos foron moi igualados, resultando vencedor final o equipo LOS MIXELS (Manuel Canosa, Fabián Sendón, Hugo Santos, Sergio Mouzo, Alex Soto,  María Villaverde, Juan Pais, Miguel Suárez, Karina Mouzo e Andrea Méndez) ao gañar os seus tres partidos, sumando un total de 9 puntos.En canto á competición de 3º ciclo, decir que foron 5 os equipos que participaron na liga: EJÉRCITO MONGOL, ESPERANZA SUR, MONTEPINAR F.C, CEBOLLETAS e LMEF. Nesta competición a igualdade foi máxima, resolvéndose a maioría dos partidos pola diferencia mínima.O equipo gañador foi EJÉRCITO MONGOL (David Roget, Marco Santos, Ángel Senra, Diana Rodríguez, Andrea Pérez, Sandra Ramos, Sara Pereira, Hilario Suárez e Pedro Vázquez), que gañaron os seus 5 partidos, sumando un total de 12 puntos.
Dende aquí queremos darvos a noraboa a tódolos/as participantes por participar e esperamos que para o vindeiro ano voltedes a xogar  e animedes aos/ás compañeiros/as que este ano non o fixeron. E tamén lle queremos agradecer a tódolos árbitros que de maneira voluntaria axudaron a que a competición se desenvolvese sen incidencias grazas a súa maxistral labor arbitral.GRAZAS!.
E recordade, que no deporte gañar está moi ben, pero O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS!.O vindeiro ano, MÁIS E MELLOR!.

domingo, 22 de junio de 2014

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA


O pasado venres 13 de xuño, os/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Ceip San Vicenzo, tiveron a honra de recibir unha exhibición maxistral de esgrima impartida por Yann Breteau Agote, mestre do Club Esgrima Coruña. A exhibición comezou cunha breve clase teórica sobre a esgrima, a cal tivo lugar na aula de audiovisuais. Posteriormente, os/as alumnos/as dirixíronse ao polideportivo para comezar coa parte práctica. En primeiro lugar, o mestre Yann realizou unha demostración de como realizar un combate, e posteriormente colocados por parellas, todolos/as alumnos/as realizaron un combate ao mellor de tres asaltos. Foi unha gran experiencia para todos/as, na cal aprenderon e disfrutaron cun deporte descoñecido para a gran maioría.A continuación podedes ver unha montaxe con fotos da exhibición. Animádevos a practicar esgrima, e non vos esquezades: SAÚDO, EN GARDA, LISTOS, ADIANTE!

sábado, 14 de junio de 2014

QUE SIGNIFICA O DEPORTE?

Gifs animados de fútbol: Toques de balónGifs de deporte: ciclismo     Gifs de deporte: beisbol                                
Os/as alumnos/as de 6º curso de primaria do Ceip San Vicenzo de Vimianzo, quixeron  decirlle a todo o mundo o que significa o deporte para eles/as.E para iso grabaron o seguinte vídeo, no cal entre todos/as nomean unha serie de valores xunto co seu significado, valores todos eles que representan ao deporte.Así :
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 
Por todolos valores que nos proporciona o deporte, o cal é unha escola da vida, e por moitas cousas máis, como ben dín os/as alumnos/as de 6º do Ceip San Vicenzo, FAI DEPORTE!.


lunes, 9 de junio de 2014

RÁNKING GALEGO ESCOLAR ATLETISMO EN PISTA 2013-2014

Atletismo                                                            Gif Atleta      
Unha vez rematadas as competicións de atletismo en pista que tantos éxitos e satisfaccións persoais lles proporcionaron aos/ás nosos/as atletas e aos seus mestres, aquí deixamos un enlace no que poderedes consultar o ránking galego escolar desta tempada .Todos/as tedes que sentirvos moi orgullosos/as do voso ránking en cada unha das probas nas que participastes, xa que todos/as o fixestes xenial.O vindeiro ano con ilusión e adestramento seguro que subimos moitos postos.NORABOA!.

miércoles, 4 de junio de 2014

XOGANDO AO GOALBALL



         
Os/as alumnos/as de 3º e 6º curso poideron experimentar o que sinten as persoas invidentes ou con deficiencia visual facendo deporte, e máis concretamente xogando ao GOALBALL.E pensaredes, que é o goalball? Para que non o saiba, o goalball é o único deporte paralímpico creado específicamente para persoas invidentes ou con deficiencia visual.Participan dous equipos de tres xogadores.Durante o partido, de 20 minutos totais de duración, cada equipo sitúase nun lado da pista, xunto á portería de 9 metros de ancho. O obxectivo é, mediante o lanzamento coa man do balón, introducir este na portería do equipo rival.Calquera dos tres membros do equipo intentará que o balón non entre na portería.O xogo depende  principalmente do sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, a cal leva no seu interior cascabeis que soan ao movemento do balón; polo que este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial para poder interceptar o balón, situarse estratéxicamente no campo e realizar o lanzamento.Un dato a destacar é que tódolos xogadores levan antifaces opacos para igualar a falta de visibilidade dos participantes.A pista para goalball consistirá nun rectángulo de 18,00 metros de longo por 9,00 metros de ancho dividida en seis áreas.Tódalas liñas do campo estarán marcadas en relevo para que sexan recoñecibles ao tacto, co fin de que os/as xogadores/as poidan orientarse con facilidade. Para realizar esta enriquecedora experiencia, a cal foi organizada polo orientador do noso cole, Ricardo,e pola profe Eva, contamos coa colaboración de Paula (traballadora da ONCE) e Tito (traballador da ONCE, xogador e adestrador de goalball), o cal lles explicou perfectamente aos nenos/as todo o relacionado co goalball (regras, técnica de lanzamento, colocación, estratéxias…), para poder xogar correctamente.O obxectivo desta actividade é que os/as nenos/as coñezan, experimenten e valoren as limitacións que ten un discapacitado físico e sensorial, e que sexan conscientes de que existen persoas con discapacidade na nosa sociedade que teñen o mesmo dereito que calquera outra persoa a desenvolverse con pleno dereito na mesma.


XOGANDO AO GOALBALL on PhotoPeach


lunes, 2 de junio de 2014

PREMIOS ÁS/AOS ATLETAS PARTICIPANTES NOS CAMPIONATOS DE ATLETISMO EN PISTA 2014

O pasado venres 30 de maio, na hora do comedor, os/as atletas que participaron nalgunha das probas que formaban o campionato de atletismo en pista, tiveron unha agradable sorpresa.A directora do centro, dona Ana García, entregoulles en recoñecemento ao seu esforzo e aos bos resultados acadados, un diploma ás/aos atletas que participaron nalgunha das tres fases do campionato intercomarcal, e un diploma e unha medalla aos 6 atletas que conseguiron a clasificación para o campionato provincial.Pero estamos seguros que, aínda que os diplomas e as medallas lles fixeron moita ilusión, o que máis ilusión lles fixo aos/ás nosos/as atletas foi o recoñecemento por parte dos seus compañeiros/as, a través de fortes e sentidos aplausos, cos que foron ovacionados cada un/unha deles/as.O sorriso debuxado na cara de MARÍA, YÉSSICA, DAVID VILLAVERDE, BRAIS, ÁLVARO, DIEGO, ANA MARÍA, ANDREA, UXÍA, DIANA, PABLO PÉREZ, DARÍO , FLAVIO, HILARIO, PABLO POSE, DAVID ROGET, MARCO e ÁNGEL cando eran chamados a recoller o seu premio de mans da directora, no medio dunha cerrada e calurosa ovación dos seus compañeiros/as, decíao todo.Dende aquí queremos darlle a NORABOA AOS/ÁS 18 ATLETAS que nos representaron e que deixaron o nome do Ceip San Vicenzo e de Vimianzo moi alto, primeiro por participar, e segundo por acadar tan bos resultados, sobre todo ÁLVARO e DIEGO que conquistaron nada máis e nada menos que o 4º posto no campionato provincial!, claros exemplos de que con ESFORZO E ILUSIÓN TODO SE PODE CONSEGUIR!.Esperamos que para o vindeiro ano sexan máis os/as atletas do Ceip San Vicenzo que se animen a participar.Hai probas para tódolos gustos: carreiras de velocidade, salto de lonxitude, carreiras de resistencia, lanzamento de pelota, salto de altura, lanzamento de xavelina, carreiras de vallas, lanzamento de peso...As pistas de atletismo de Santiago, Cee, Riveira e a Pobra do Caramiñal esperan que as pisedes o vindeiro ano.E recordade, gañar está moi ben, pero O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR E DIVERTIRSE FACENDO DEPORTE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.


domingo, 1 de junio de 2014

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA

Gif Atleta                                                                                               Atleta

O pasado sábado 24 de maio, nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, celebrouse o campionato provincial de atletismo en pista.As diferentes probas atléticas que formaban o programa de competición, desenvolvéronse ao longo de todo o día, dende as 10:30 da mañá ata as 8:30 da tarde.A climatoloxía foi perfecta para a práctica do atletismo, sobre todo pola tarde, onde o sol se deixou sentir con forza.Para poder acudir a esta competición, os atletas tiñán que estar entre os 16 primeiros do ránking provincial, o cal se constituía en base ás marcas acadadas nas diferentes xornadas dos campionatos intercomarcais.En base a isto, 6 eran os atletas do Ceip San Vicenzo que estaban clasificados para esta competición, divididos por categoría e proba da seguinte maneira:

NOME
CATEGORÍA
PROBA
MARCA
RÁNKING PROVINCIAL
María Villaverde
Alevín fem.
Lanzamento de pelota
15,23
11ª
Álvaro Quintáns
Alevín masc.
Lanzamento de pelota
24,34
Pablo  Pérez
Infantil masc.
80 m.v.
18.38
12º
Darío Domínguez
Infantil masc.
Lanzamento de xavelina
15,25
15º
Diego Romero
Infantil masc.
Salto de lonxitude
3,88
12º
Ángel Senra
Infantil masc.
1000 m.l.
3.22.82
11º

Ao final foron 4 os atletas que representaron a Vimianzo neste campionato provincial, posto que Ángel estaba lesionado, e María non puido acudir por outros motivos.Os resultados acadados foron magníficos.O primeiro en competir foi Pablo nas semifinais dos 80 m.v.Nunha proba tan difícil como son os 80 m.v. o noso representante fixo unha excelente carreira, superando limpamente todas as vallas.Conseguíu o 6º posto na primeira semifinal cun tempo de 19.33.O segundo en competir foi Darío en lanzamento de xavelina.O noso lanzador infantil realizou unha magnífica tempada que se víu culminada coa clasificación para este campionato provincial.Nos dous primeiros lanzamentos realizou nulo posto que pisou a liña que delimita a zona de lanzamento, e no último lanzamento mandou a xavelina ata os 13,40 m. que lle deron o 14º posto. Xa na xornada de tarde, o primeiro en competir foi Diego, en salto de lonxitude.A súa actuación foi excelente, indo de menos a máis en cada un dos seus tres saltos.No primeiro deles acadou os 3,87 m., no segundo foise ata os 3,96 m.,e no último salto conseguíu saltar nada máis e nada menos que 4,21 m., marca persoal e coa que obtivo un sensacional 4º posto.A continuación foi o turno para Álvaro en lanzamento de pelota.Chegaba a esta competición coa 5ª mellor marca de todos os participantes e polo tanto con opcións de medalla. Ao igual que Diego en salto de lonxitude, a competición de Álvaro tamén foi excelente, mellorando en cada un dos seus lanzamentos.No primeiro deles conseguíu mandar a pelota aos 21,94 m.,no segundo foise ata os 23,03 m., e xa no último acadou os 23,69 m., marca esta última coa que conseguíu un extraordinario 4º posto.
Dende aquí queremos felicitar a PABLO, DARÍO, DIEGO E ÁLVARO por chegar ata o campionato provincial e polos excelentes resultados acadados no mesmo, e tampouco nos queremos esquecer de ÁNGEL e MARÍA que tamén conseguiran a súa clasificación para este campionato.NORABOA A TODOS!
ESPERAMOS QUE CONTINUEDES PRACTICANDO E DISFRUTANDO CO DEPORTE.

Podedes consultar os resultados completos na seguinte dirección:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/s240514.pdf

MONTAXE CON FOTOS E VÍDEOS

sábado, 31 de mayo de 2014

3ª XORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA

O pasado sábado 10 de maio, en horario de tarde, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a 3ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista. Nunha xornada cun clima perfecto para a práctica do atletismo, foron 6 os/as atletas do Ceip San Vicenzo que competiron nesta xornada. A súa distribución por categoría e proba foi a seguinte:

ALEVÍN FEMININO
-Yéssica Duarte (60 m.l. e 500 m.l.).

INFANTIL FEMININO
-Diana Rodríguez (salto de lonxitude).
-Uxía Min Andrade (salto de lonxitude e 500 m.l.).

INFANTIL MASCULINO
-Pablo Pose (salto de lonxitude, 500 m.l. e lanzamento de peso).
-Pablo Pérez (80 m.v. e 500 m.l.).
-Diego Romero (80 m.l., salto de lonxitude e 500 m.l.).

Os/as 6 representantes de Vimianzo competiron de maneira excelente conseguindo uns magníficos resultados nas súas respectivas probas. Así: Yéssica Duarte acadou o 3º posto na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.22, mentres que nos 500 m.l. rematou no posto 11º cun tempo de 1.57.13; Diana Rodríguez foi 23ª en salto de lonxitude cun mellor salto de 2,59 m; Uxía Min Andrade rematou no posto 20º en salto de lonxitude cun mellor salto de 2,74 m, e 12ª en 500 m.l. cun tempo de 1.47.83; Pablo Pose rematou 11º en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 5,33 m., 13º en 500 m.l. cun tempo de 1.49.29 e 25º en salto de lonxitude cun mellor salto de 3,04 m.; Diego Romero acadou o 11º posto en salto de lonxitude cun mellor salto de 3,88 m.,o 4º na súa serie de 80 m.l. cun rexistro de 11,92 e o 9º en 500 m.l. cun tempo de 1.44.84; Pablo Pérez rematou no posto 10º en 500 m.l. cun tempo de 1.46.27 mentres que nos 80 m.v. acadou o 3º posto na súa serie cun rexistro de 18.38.
Noraboa aos 6 atletas por participar e por competir tan ben.No Ceip San Vicenzo estamos moi orgullosos de vós.A seguir así e moita sorte para as seguintes competicións!

Podedes consultar os resultados completos na seguinte dirección:

MONTAXE CON FOTOS E VÍDEOS

miércoles, 21 de mayo de 2014

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

O pasado venres  11 de abril, en horario de tarde, celebrouse no cole a “X CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN”.Esta actividade celébrase cada ano en colaboración coa ONG “SAVE THE CHILDREN”.A carreira realízouse nun circuito situado no patio dianteiro do colexio, ao cal os/as neno/as  daban 1 ou 2 voltas , dependendo da idade (os/as nenos/as de infantil daban 1 e os/as nenos/as de primaria daban 2) a un ritmo moderado, posto que recordamos que non era unha carreira competitiva.A proba celebrouse por cursos para que houbese menos risco de caídas. Logo, cada neno/a colaboraba co diñeiro que cada familia considerase oportuno.O obxetivo desta carreira  é recaudar fondos para que a ONG antes nomeada,  poida axudar  a nenos/as que viven en países desfavorecidos e que non teñen recursos para cubrir as súas necesidades básicas . Cada ano, os fondos recaudados destínanse a axudar aos/ás nenos/as dun lugar determinado.Este ano a axuda irá destinada aos/ás nenos/as de Etiopía.
Etiopía é un país pobre.E a pobreza trae consigo enfermidades , fame e morte.Os/as nenos/as son os que máis o sofren.A pesar de tódolos avances, un de cada oito nenos en Etiopía morre antes de cumprir os 5 anos.Únicamente un 6% dos recén nacidos recibe coidados postnatais.Só unha de cada tres familiar ten acceso a un centro de saúde, que pode estar a 25 km de distancia.O 90% das nais dan a luz no seu fogar, sen atención sanitaria.A última sequía provocou que moitas familias tivesen que vender o seu gando para poder adquirir alimentos.A fame é a causa de que o 44% dos/as nenos/as sufra retraso no crecemento.É urxente tomar as medidas axeitadas para que os/as nenos/as poidan alcanzar os 5 anos de idade , a partir dos cales a supervivencia é máis segura.Para iso, Save the Children segue estas liñas de actuación :
  •  Proporcionar vacunas , suplementos de vitamina A, fomentar a lactancia materna, asegurar o acceso a servizos de saúde e distribuir suplementos alimenticios para loitar contra a desnutrición e a anemia.
  • Seguimento durante os primeiros 1.000 días de vida dun bebé (dende a concepción aos dous anos) para que perciba unha alimentación sen carencias nutricionais que lle deixe secuelas irreparables.
  •  Formar persoal sanitario, principalmente matronas e axentes de saúde.
  • Asegurar que cada neno e nena teñan acceso a unha educación de calidade que lles permita formarse.


A “CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE” ademais de servirnos para  axudar a outros/as nenos/as desfavorecidos, é unha actividade coa que concienciamos aos nenos/as do noso cole de que co seu esforzo (neste caso correr) poden axudar a outros/as nenos/as que por desgracia naceron en lugares nos cales as condicións de vida son moito máis difíciles que as nosas, traballando así valores que consideramos imprescindibles na educación dos/as nenos/as, como son a : solidariedade, empatía, colaboración, igualdade, respeto á diversidade...E un ano máis, temos que dicir, que os nosos/as alumnos/as demostraron que os seus corazóns están cheos de solidariedade, posto que correron, correron e seguiron correndo, sabendo que  con cada zancada que daban, con cada metro que percorrían, estaban axudando a nenos/as que vivían a moitos kilómetros de Vimianzo, onde a vida non é tan sinxela.Dende os/as nenos/as de infantil de 3 anos, ata os/as maiores de 6º de primaria.Todos deron unha lección de solidariedade.Grazas o seu esforzo, conseguiron recaudar 542 euros, cos que SAVE THE CHILDREN, poderá axudar a eses/as nenos/as de Etiopía que tanto o precisan. E despois do esforzo realizado, para recuperar forzas, houbo unha pequena sorpresa para cada neno/a, nada máis e nada menos que…un xeado!, que por certo, ben rico que estaba!.Darlle a noraboa á profe EVA que foi a auténtica organizadora da carreira.Tamén temos que agradecer aos/ás alumnos/as de 6º A de primaria, que colaboraron aguantando os soportes que suxeitaban a cinta a cal delimitaba o circuito, posto que o vento facía estragos.O vindeiro ano voltaremos a esforzarnos correndo moito para poder axudar a outros/as nenos/as.

MOITAS GRAZAS NENOS/AS DO CEIP SAN VICENZO POR SER TAN BOAS PERSOAS!.OS/AS NENOS/AS DE ETIOPÍA LEVARANVOS SEMPRE NOS SEUS CORAZÓNS.


CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" INFANTIL on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 1º E 2º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 3º E 4º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"  PRIMARIA 5º E 6º on PhotoPeach