Durante este curso escolar, o alumnado de 3º curso de primaria distribuído en equipos de 3-4 xogadores/as, participou durante os recreos no campionato de baloncesto. A competición consistía en enfrontrarse 2 equipos na modalidade de lanzamentos de tiros libres (cada equipo establecía unha orde de lanzamento entre os/as seus/súas xogadores/as), gañando o equipo que primeiro chegase a 30 puntos. En total foron 12 os equipos participantes :
- LOS CRACKS DEL BALONCESTO
- LAS BOLAS DE FUEGO
- LAS PINK
- LOS DRAGONES DE COMODO
- LOS REMATADORES
- LOS SUPER LOBOS
- OS MITOS DO BALONCESTO
- LOS ENCESTADORES
- LAS PELOTAS DE FUEGO
- LOS CAMPEONES
- LOS DIOSES DEL BALONCESTO
- LOS MEJORES DEL BALONCESTO
A competición densenvolveuse nunha primeira fase baixo a modalidade de liga (divididos en 3 grupos de 4 equipos) e posteriormente nunha fase final eliminatoria.
As semifinais foron:
- OS MITOS DO BALONCESTO vs LOS MEJORES DEL BALONCESTO
- LOS CRACKS DEL BALONCESTO vs LOS ENCESTADORES
Os partidos foron moi disputados ata os últimos puntos, pasando á gran final OS MITOS DO BALONCESTO e LOS CRACKS DEL BALONCESTO. Na final, foron LOS CRACKS DEL BALONCESTO os que primeiro chegaron a 30 puntos e polo tanto se proclamaron campións do torneo de baloncesto. Tanto os campións coma os subcampións recibiron un diploma que lles fixo moita ilusión.
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.O vindeiro ano máis e mellor e a seguir facendo deporte!.