.

.

martes, 23 de junio de 2015

LIGA DE BRILÉ 1º CICLO - 2014-2015


Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 1º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

Na liga de 1º ciclo particparon tódolos/as alumnos/as de 1ºA, 1ºB e 2º. En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 1º e 2º : 
  • EQUIPO LEÓNS  (Sara, Borja, María, Arantxa, Valentín, Alex, Aroa, Dylan).
  • EQUIPO XIRAFAS ( Uxía, Adan, Juan, Alexandra, Saray, Juanjo, Camilo).
  • EQUIPO GACELAS (Antía, Kevin, Andrea, Abel, Manuela, Yasmina, José Antonio).
  • EQUIPO CEBRAS ( Ana, Raúl, Xesúas, Mateo, Gabriel, Sergio, Eva, Uxía).
  • EQUIPO GUEPARDOS ( Miguel, Aroa, Manuel, Iago, Lucía, Xavi, Paula).
  • EQUIPO ELEFANTES (Mateo, Mario, Sheila, Enma, Manuel, Rida, Aldara).
  • EQUIPO TIGRES (Anxo, Tania, Laura, Fabio, Daniela, Daniel, Hugo).




A competición celebrouse en sistema liga con dobre volta. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día). Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos no que para moitos era a súa primeira experiencia nunha "competición" deportiva. Ao final da liga, entre os mestres, decidimos non ter en conta os resultados e entregarlle un diploma a cada un/unha dos xogadores/as que lles fixo moita ilusión.


Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario