.

.

miércoles, 24 de junio de 2015

LIGA DE BALONCESTO DE 4º



Durante este curso escolar, o alumnado de 4º curso de primaria distribuído en equipos de 3-4 xogadores/as, participou  durante os recreos no campionato de baloncesto. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son :
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 
A competición consistía en enfrontrarse 2 equipos na modalidade de lanzamentos de tiros libres (cada equipo establecía unha orde de lanzamento entre os/as seus/súas xogadores/as), gañando o equipo que primeiro chegase a 30 puntos. En total foron 12 os equipos participantes :

  • LOS MATERES
  • LOS ACERTADORES
  • LOS CAMPEONES
  • LOS TRANQUILOS
  • LOS DIVERSOS
  • TIK TAK BOOM
  • LOS MADRILEÑOS
  • LOS CAMPEONES B
  • LUPANA
  • LOS FANTASMAS DEL BALONCESTO
  • LAS LEONAS
  • LOS BALONES ESTRELLA


A competición densenvolveuse nunha primeira fase baixo a modalidade de liga (divididos en 3 grupos de 4 equipos) e posteriormente nunha fase final eliminatoria.

As semifinais foron:
  • LOS MATERES vs LOS MADRILEÑOS
  • LOS BALONES ESTRELLA vs TIK TAK BOOM
Os partidos foron moi disputados ata os últimos puntos, pasando á final LOS MADRILEÑOS e TIK TAK BOOM. Na final, foron LOS MADRILEÑOS os que primeiro chegaron a 30 puntos e polo tanto se proclamaron campións do torneo de baloncesto.Tanto os campións coma os subcampións recibiron un diploma que lles fixo moita ilusicón.



Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.O vindeiro ano máis e mellor e a seguir facendo deporte!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario