.

.

domingo, 17 de abril de 2016

ATLETISMO EN PISTA - 1ª XORNADA BENXAMÍN/ALEVÍN




O pasado sábado 9 de abril celebrouse nas pistas de atletismo de Santiago de Compostela a 1ª xornada de atletismo en pista nas categorías benxamín e alevín. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 8 atletas.Todos/as competiron de maneira fantástica, acadando uns magníficos resultados que demostran que con esforzo e traballo todo se pode conseguir. Os resultados dos/as nosos/as atletas foron os seguintes:

BENXAMÍN MASCULINO
-Xesús Pena Cundíns : 2º na súa serie de 50m cun tempo de 9.39 e 5º en lanzamento de pelota cunha mellor marca de 13.54 metros.

ALEVÍN MASCULINO
-Ousmane Sarr: 3º na súa serie de 60m cun tempo de 9.94 e 5º en 500 metros cun rexistro de 1.46.52

BENXAMÍN FEMININO
-Arantxa Varela Gándara : 4ª na súa serie de 50m cun tempo de 10.24 e 12ª en 500 metros cun rexistro de 2.28.60.

ALEVÍN FEMININO
-Paula Andújar Paz: 1ª en lanzamento de peso cun rexistro de 6.19 metros e 7ª na súa serie de 60m cun tempo de 10.98.
-Lucía Roget Blanco: 1ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.68 e 4ª en 500 metros cun rexistro de 1.50.
-María Mas Baña: 2º en lanzamento de peso cun rexistro de 6.11 e 3ª na súa serie de 60m cun rexistro de 10.45.
-Nerea Blanco Rial: 3º na súa serie de 60m cun tempo de 10.34 e 11ª en 500 metros cun rexistro de 2.04.63
-Ángela Rey Figueira : 6ª na súa serie de 60m cun tempo de 10.95 e 12ª en 500 metros cun rexistro de 2.05.41.

A vindeira xornada será o sábado 23 nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal. Dende aquí queremos felicitar aos nosos/as atletas polos fantásticos resultados acadados e recordando que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

domingo, 3 de abril de 2016

A IMPORTANCIA DE BEBER AUGA




O 60% do noso corpo está constituído por auga, de ahí a importancia de hidratarse correctamente cada día. Esta hidratación debe facerse con auga evitando as bebidas azucaradas. Algúns dos beneficios que nos proporciona a auga son:

  • Elimina toxinas e residuos corporais xa que permiten un correcto traballo dos riñóns.

  • Hidrata, limpa e mantén a elasticidade da pel, especialmente 15 días despois de comezar a tomar diariamente entre 1 e 2 litros de auga.

  • Estimula claramente o correcto funcionamento metabólico.

  • Hidrata o corpo, evitando que os órganos, polo tanto, se friccionen entre sí.

  • É útil para regular o apetito e polo tanto, para baixar de peso ao provocar sensación de saciedade.

  • Evita o estreñimento crónico.

  • Eleva as defensas naturais de noso organismo.

  • Prevén infeccións.

  • É capaz de lubricar as articulacións, mellorando así a resistencia dos ligamentos e músculos.

  • As bebidas azucaradas e polo tanto calóricas, xeran múltiples consecuencias negativas, en especial cando se consumen durante a infancia. Por un lado, desprazan á lactancia. Por outro lado xeran un hábito, unha costume, e finalmente aportan calorías valeiras, o cal fai que a persoa sexa máis propensa a desenrolar obesidade, cos graves problemas que isto conleva.

    Unha persoa perde líquido as 24 horas do día, xa sexa a través da transpiración, da urina ou da respiración. Polo tanto, para volver a recuperalo precisa manterse hidratado as 24 horas do día e beber auga inclusive cando o seu corpo non llo pida. A perda mínima (1%) xa compromete, por exemplo, a capacidade de prestar atención e realizar operacións mentais.
    Ademais, débese considerar que a sede é un mecanismo fisiolóxico "tardío". É dicir, en canto sentimos esa sensación xa comezou o proceso de deshidratación. Por iso, é importante acostumarse a tomar líquido e especialmente auga, dado que ao xerar un hábito, o organismo evita chegar a esa situación e se hidrata antes.
    Tendo en conta estes puntos, bebendo entre 1,5 e 2 litros de auga ao día (cantidade que debe aumentar en casos de temperaturas elevadas ou de exercicio físico intenso) lograremos manternos saudables e hidratar correctamente o noso corpo. Se bebes abundante auga cada día serás : máis forte, máis resistente, máis flexible, máis áxil, máis veloz, poderás pensar mellor e sacar mellores notas!.

     NON TE ESQUEZAS E BEBE AUGA CADA DÍA