.

.

domingo, 13 de diciembre de 2015

CAMPO A TRAVÉS - CAMPIONATO COMARCAL 2015


Resultado de imagen de gifs atletismo
O pasado venres 4 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo de Cee. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi  unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.
En canto aos resultados, temos que destacar as 3 medallas acadadas polos/as nosos/as alumnos/as. A primeira delas chegaba na categoría alevín feminina, na cal, Lucía Roget Blanco (alumna de 5ºB), conseguía a medalla de bronce despois de realizar unha magnífica carreira na que foi de menos a máis, entrando en meta nunha extraordinaria terceira posición. A segunda medalla foi de prata e chegaba na categoría alevín masculino da man do alumno de 4ºA Ousmane Sarr. Ousmane fixo unha carreira fantástica, manténdose nos primeiros postos de carreira dende a saída e entrando en meta nunha impresionante segunda posición. Por último, na categoría infantil feminina, a alumna de 6º B, María Villaverde Ameijeiras acadaba nada máis e nada menos que a medalla de ouro. María realizou unha carreira perfecta, colocándose dende a saída nos primeiros postos e rompendo a carreira cun extraordinario cambio de ritmo a falta de 200 metros para facerse co campionato comarcal. Lucía, Ousmane e María serán os/as nosos/as representantes no campionato intercomarcal que se celebrará en Porto do Son o vindeiro 29 de xaneiro. En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos. Dende aquí queremos darlle a noraboa polos magníficos resultados acadados e deserxarlles moita sorte para a vindeira proba, na cal estamos seguros que o farán moi ben.


LUCÍA, MARÍA E OUSMANE

Ademais das tres medallas acadadas tamén temos que destacar os seguintes resultados :

BENXAMÍN FEMININO
  • UXÍA ALBORES CANOSA - 13ª
  • ANTÍA BUSTO LEMA - 21ª
  • EMMA PÉREZ GESTO - 23ª
  • AROA SENDÓN AMADO - 24ª
BENXAMÍN MASCULINO
  • HUGO CASTIÑEIRA SANTOS - 21º
  • MANUEL GÓMEZ LEMA - 37º
  • VALENTÍN ARIAS PARGA - 41º
  • JOSÉ ANTONIO ANDRADE CASTIÑEIRA - 51º
ALEVÍN FEMININO
  • LUCÍA ROGET BLANCO - 3ª
  • NEREA BLANCO RIAL - 15ª
  • NATALIA TORRER TRILLO - 17ª
  • ANGELA REY FIGUEIRA - 21ª
ALEVÍN MASCULINO
  • OUSMANE SARR - 2º
  • JULIÁN BLANCO ANDRADE - 20º
  • SAMUEL SUÁREZ GARCÍA - 30º
  • SAMUEL RODRÍGUEZ REGUEIRA - 34º
INFANTIL FEMININO
  • MARÍA VILLAVERDE AMEIJEIRAS - 1ª
  • ALEXIA CANOSA ROJO - 14ª
  • ANDREA MÉNDEZ ARJOMIL - 66ª
INFANTIL MASCULINO
  • FABIÁN SENDÓN AMADO - 21º
  • BRAIS SANTOS BARREIRO - 36º
  • VICTOR CANOSA GONZÁLEZ -39º
  • BRIAN CANOSA DA SILVA - 81º
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as alumnos/as que participaron polo ben que o fixeron e recordade que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

Nos seguintes enlaces pódese consultar a clasificación e visualizar reportaxes fotográficas da proba.


domingo, 29 de noviembre de 2015

BÁDMINTON - CAMPIONATO COMARCAL INFANTIL 2015-16


O pasado xoves 26 celebrouse na Serra de Outes o campionato comarcal infantil de bádminton.O Ceip San Vicenzo estivo representando por 4 xogadores/as que competiron de maneira fantástica, e o que é máis importante, desfrutaron dunha magnífica xornada de deporte na cal ademais de xogar ao bádminton tiveron a oportunidade de facer novos/as amigos/as.
Cada xogador/a disputou 2 partidos. Na categoría feminina, Ainhoa Vigo Pérez e Karina Mouzo Pazos de 6ºB, foron as nosas representantes. As dúas realizaron uns magníficos partidos. Karina demostrou un gran nivel de xogo gañando un dos seus partidos namentres que Ainhoa non foi quen de acadar a vitoria a pesar de xogar de maneira fantástica. Aníbal Calo Méndez e Brian Canosa da Silva de 6º A, foron os nosos representantes na categoría masculina. Brian competíu moi ben contra rivais con moito nivel ante os que non puido acadar o triunfo. Aníbal demostrou o seu alto nivel de bádminton logrando o triunfo nun dos seus partidos.Tanto Karina como Aníbal deberán esperar aos resultados finais para saber se están clasificados para a seguinte fase. Pase o que pase, debemos darlle a noraboa aos/ás nosos/as catro representantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


KARINA, AINHOA, BRIAN E ANÍBAL

miércoles, 1 de julio de 2015

LIGA DE BRILÉ DE 2º CICLO


Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 2º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 3º A, 3º B, 4º A e 4º B :
  • RUSCA LOS MEJORES
  • LOS BRILADORES
  • REBELDES EN ACCIÓN
  • SUPERBOMBA
  • LOS TOROS
  • LAS BOMBAS EXPLOSIVAS
  • PEQUEÑOS GIGANTES





A competición celebrouse baixo o formato de liga. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día). O equipo gañador foi o de PEQUEÑOS GIGANTES composto por alumnos/as de 4ºB. Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.



Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.

miércoles, 24 de junio de 2015

LIGA DE BALONCESTO DE 3º



Durante este curso escolar, o alumnado de 3º curso de primaria distribuído en equipos de 3-4 xogadores/as, participou  durante os recreos no campionato de baloncesto. A competición consistía en enfrontrarse 2 equipos na modalidade de lanzamentos de tiros libres (cada equipo establecía unha orde de lanzamento entre os/as seus/súas xogadores/as), gañando o equipo que primeiro chegase a 30 puntos. En total foron 12 os equipos participantes :

  • LOS CRACKS DEL BALONCESTO
  • LAS BOLAS DE FUEGO
  • LAS PINK
  • LOS DRAGONES DE COMODO
  • LOS REMATADORES
  • LOS SUPER LOBOS
  • OS MITOS DO BALONCESTO
  • LOS ENCESTADORES
  • LAS PELOTAS DE FUEGO
  • LOS CAMPEONES
  • LOS DIOSES DEL BALONCESTO
  • LOS MEJORES DEL BALONCESTO


A competición densenvolveuse nunha primeira fase baixo a modalidade de liga (divididos en 3 grupos de 4 equipos) e posteriormente nunha fase final eliminatoria.

As semifinais foron:
  • OS MITOS DO BALONCESTO vs LOS MEJORES DEL BALONCESTO
  • LOS CRACKS DEL BALONCESTO vs LOS ENCESTADORES
Os partidos foron moi disputados ata os últimos puntos, pasando á gran final OS MITOS DO BALONCESTO e LOS CRACKS DEL BALONCESTO. Na final, foron LOS CRACKS DEL BALONCESTO os que primeiro chegaron a 30 puntos e polo tanto se proclamaron campións do torneo de baloncesto. Tanto os campións coma os subcampións recibiron un diploma que lles fixo moita ilusión.



Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.O vindeiro ano máis e mellor e a seguir facendo deporte!.

LIGA DE BRILÉ DE 3º CICLO


Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 3º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 5º A, 5º B, 5º A e 5º B :
  • LOS REBELDES
  • LOS DIABLOS BLANCOS
  • I LOVE YOU
  • LQSOE
  • MONTEPINAR
  • FUENTEALVILLA
  • EL EQUIPO SIN NOMBRE


A competición celebrouse en sistema liga. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día). O equipo gañador foi o de FUENTEALVILLA composto por alumnos/as de 6ºA. Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.




Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.

NOVOS XOGOS NO PATIO

Este ano, por iniciativa do noso orientador Ricardo, dedicimos pintar novos xogos no patio para que os/as nenos/as tivesen outras alternativas para disfrutar dos recreos. Os xogos pintados foron todo un éxito e moitos dos/as nenos/as aproveitan o seu tempo de lecer para mostrar as súas destrezas nos mesmos. Contando coa gran axuda de José Antonio, o coidador do centro, pintouse o seguinte:

PATIO INFANTIL

 LABIRINTO

 3 EN RAIA

MARIOLA




PATIO PRIMARIA

CANCHA DE BALONCESTO 

 TWISTER

3 EN RAIA

PARCHIS

LIGA DE FÚTBOL DE 2º CICLO



Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga de fútbol de 2º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 7 equipos compostos por 7-9 xogadores/as:
  • LOL XD
  • LOS SAQUES
  • LOS GOLEADORES
  • VIMIB
  • LOS FUTBOLÍSIMOS
  • LOS ESPAÑOLES
  • MONTEPINAR


A competición celebrouse en sistema liga, con 2 grupos de 4 e 3 equipos respectivamente.Da arbitraxe encargábanse os/as alumnos/as de 5º de primaria.Os gañadores de cada grupo clasificábanse para a gran final. Así, no grupo 1, o mellor equipo foi LOL XD, mentres que no grupo 2 o primeiro clasificado poi o equipo de LOS ESPAÑOLES. A final estivo moi disputada ata os últimos mínutos, gañando pola mínima diferencia o equipo de LOL XD composto por xogadores/as de 4º B.Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as e os subcampións recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.





Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.

LIGA DE FÚTBOL DE 3º CICLO


Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de fútbol de 3º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 5 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 5º A, 5ºB, 6º A e 6º B
  • GUARDIANES DEL FUEGO
  • MONTEPINAR
  • LEONES DEL DESIERTO
  • REAL MÜNCHEN FC
  • BARSADEPOR




A competición celebrouse en sistema liga. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as alumnos/as (dos equipos que non xogaban ese día).O equipo gañador foi REAL MÜNCHEN FC composto por xogadores/as de 6ºA e 6ºB.  Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as  recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.



Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!

LIGA DE BALONMÁN DE 3º CICLO




Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de balonmán de 3º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 5º A, 5º B, 5º A e 5º B :
  • EQUIPO GALEGO BALONMÁN
  • ESTRELLAS BALÓN PLAYS
  • LANZABOLAS
  • LOS LEONES
  • MONTEPINAR
  • HISPANOS
  • LOBEZNOS

A competición celebrouse en sistema liga. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día). O equipo gañador foi o de MONTEPINAR composto por alumnos/as de 6ºA. Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.



Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.

LIGA DE BALONCESTO DE 4º



Durante este curso escolar, o alumnado de 4º curso de primaria distribuído en equipos de 3-4 xogadores/as, participou  durante os recreos no campionato de baloncesto. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son :
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 
A competición consistía en enfrontrarse 2 equipos na modalidade de lanzamentos de tiros libres (cada equipo establecía unha orde de lanzamento entre os/as seus/súas xogadores/as), gañando o equipo que primeiro chegase a 30 puntos. En total foron 12 os equipos participantes :

  • LOS MATERES
  • LOS ACERTADORES
  • LOS CAMPEONES
  • LOS TRANQUILOS
  • LOS DIVERSOS
  • TIK TAK BOOM
  • LOS MADRILEÑOS
  • LOS CAMPEONES B
  • LUPANA
  • LOS FANTASMAS DEL BALONCESTO
  • LAS LEONAS
  • LOS BALONES ESTRELLA


A competición densenvolveuse nunha primeira fase baixo a modalidade de liga (divididos en 3 grupos de 4 equipos) e posteriormente nunha fase final eliminatoria.

As semifinais foron:
  • LOS MATERES vs LOS MADRILEÑOS
  • LOS BALONES ESTRELLA vs TIK TAK BOOM
Os partidos foron moi disputados ata os últimos puntos, pasando á final LOS MADRILEÑOS e TIK TAK BOOM. Na final, foron LOS MADRILEÑOS os que primeiro chegaron a 30 puntos e polo tanto se proclamaron campións do torneo de baloncesto.Tanto os campións coma os subcampións recibiron un diploma que lles fixo moita ilusicón.



Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.O vindeiro ano máis e mellor e a seguir facendo deporte!.

martes, 23 de junio de 2015

LIGA DE BRILÉ 1º CICLO - 2014-2015


Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga  de brilé de 1º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

Na liga de 1º ciclo particparon tódolos/as alumnos/as de 1ºA, 1ºB e 2º. En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 1º e 2º : 
  • EQUIPO LEÓNS  (Sara, Borja, María, Arantxa, Valentín, Alex, Aroa, Dylan).
  • EQUIPO XIRAFAS ( Uxía, Adan, Juan, Alexandra, Saray, Juanjo, Camilo).
  • EQUIPO GACELAS (Antía, Kevin, Andrea, Abel, Manuela, Yasmina, José Antonio).
  • EQUIPO CEBRAS ( Ana, Raúl, Xesúas, Mateo, Gabriel, Sergio, Eva, Uxía).
  • EQUIPO GUEPARDOS ( Miguel, Aroa, Manuel, Iago, Lucía, Xavi, Paula).
  • EQUIPO ELEFANTES (Mateo, Mario, Sheila, Enma, Manuel, Rida, Aldara).
  • EQUIPO TIGRES (Anxo, Tania, Laura, Fabio, Daniela, Daniel, Hugo).




A competición celebrouse en sistema liga con dobre volta. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día). Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos no que para moitos era a súa primeira experiencia nunha "competición" deportiva. Ao final da liga, entre os mestres, decidimos non ter en conta os resultados e entregarlle un diploma a cada un/unha dos xogadores/as que lles fixo moita ilusión.


Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

lunes, 22 de junio de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2014-2015 / FERROL


Resultado de imagen de gifs atletismo


O sábado 30 de maio, celebrouse en Ferrol o campionato provincial de atletismo en pista. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as nosos/as 14 representantes (clasificados previamente das fases intercomarcais) competiron de xeito fantástico acadando uns resultados impresionantes, destacando os 4 atletas que acadaron medalla. Así, na categoría benxamín feminino, Paula Andújar Paz (alumna de 3º) proclamouse campiona provincial en lanzamento de pelota. Na categoría alevín feminino, María Villaverde Ameijeiras (alumna de 5º) acadou a medalla de bronce nos 500 m.l, mentres que o seu compañeiro de curso, Hugo Santos Pérez, conquistou o subcampionato provincial en lanzamento de pelota na categoría alevín masculino. Na categoría infantil masculino, Diego Romero Aguiar (alumno de 6º) proclamouse nada máis e nada menos que campión provincial en salto de lonxitude e en 150 m.l. Pero, ademais destes impresionantes resultados, temos que destacar que os/as demais representantes competiron tan ben que remataron como mínimo entre os/as 8 mellores atletas da provincia.








Os/as resultados de todos/as os/as nosos/as representantes foron: 
  • Ousmane Sarr :  benxamín, 4º en 50 m.l. cun rexistro de 8.49 e 7º en 500 m.l. cun tempo de 1.47.91.
  • Paula Andújar Paz : benxamín, 1ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 22.17.
  • María Villaverde Ameijeiras : alevín, 3ª en 500 m.l. cun tempo de 1.36.08. e 6ª en salto de lonxitude cunha marca de 3.20.
  • Hugo Santos Pérez : alevín, 1º en lanzamento de pelota cun rexistro de 32.41.
  • Manuel Canosa Dopazo : alevín, 6º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.33.
  • Carolina González Castro : infantil, 6ª en lanzamento de disco cun rexistro de 14.09 e 9ª en lanzamento de peso cunha marca de 5.53.
  • Marcos Esperante Varela : infantil, 7º en lanzamento de disco cun rexistro de 16.77 e 12º en lanzamento de peso cunha marca de 5.57.
  • Adrián Pereira Fernández : infantil, 8º en lanzamento de disco cun rexistro de 14.86.
  • Diego Romero Aguiar : infantil, 1º en salto de lonxitude cun mellor salto de 4.79 e 1º en 150 m.l. cun rexistro de 20.47.
  • Nerea Blanco Rial, Paula Pérez Espasandín, Andrea Méndez Arjomil e María Villaverde Ameijeiras : alevín, 5ª na final A de 4x60 m.l. cun rexistro de 44.90.
  • Diego Romero, Álvaro Quintáns García, David Villaverde Ameijeiras e Adrián Pereira Fernández : infantil, 3º na final B de 4x80 m.l.
Resultados completos no seguinte enlace:


Dende aquí queremos felicitalos/as a todos/as polos magníficos resultados acadados que demostran que con esforzo, gañas , ilusión e traballo todo se pode conseguir. Esperamos que continuedes facendo deporte e recordade que GAÑAR ESTÁ MOI BEN , PERO O MÁIS IMPORTANTE É PRACTICAR DEPORTE DISFRUTANDO E APRENDENDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CEIP SAN VICENZO - CPI DE ZAS




O 26 de maio, o alumnado de 3º de primaria, desfrutou dunha xornada de convivencia deportiva xunto co alumnado do CPI de Zas. Durante as dúas primeiras sesións da mañá e divididos en 4 equipos, os/as alumnos/as de 3º A e 3ºB  de primaria do Ceip San Vicenzo e os/as alumnos/as de 3º e 4º de primaria do CPI de Zas, xogaron ao balonmán, ao brilé, ao fútbol e ao baloncesto. Foi unha xornada deportiva magnífica, onde ademais de facer moito deporte, os/as nenos/as participantes fixeron novos/as amigos/as. Unha vez remataron os xogos, os/as nenos/as estiveron merendando todos/as xuntos/as saboreando a rica froita que lles proporcionou o centro.Noraboa a todos/as polo magnífico comportamento deportivo mostrado e esperamos repetir para o vindeiro curso, e como non, gracias aos/ás alumnos/as e profes do CPI de Zas por vir ao noso centro!.



martes, 9 de junio de 2015

VISITA DO TENISTA MARTÍN VARELA DOURADO

O pasado venres 29 de maio, tivemos a sorte de desfrutar da visita do tenista de Corme, Martín Varela Dourado. Martín, que conta no seu palmarés con campionatos de España e con numerosos torneos a nivel internacional e que actualmente ten como obxectivo principal acadar a clasificación para os vindeiros Xogos Paralímpicos de Brasil 2016, fixo que o alumnado desfrutase e aprendese moito, primeiro cunha charla destinada aos/ás alumnos/as de 5º e 6º de primaria e na que o tenista foi contando as súas vivencias e anécdotas deportivas e posteriormente cunha exhibición e clase de tenis no polideportivo da que poideron desfrutar todos/as os/as nenos/as do cole. Ao rematar a mesma, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizoulle un corredor con raquetas, polo cal pasou Martín para recoller ao final do mesmo un debuxo do propio tenista. Dende aquí queremos darlle as grazas a Martín por ensinarnos tanto sobre a vida e sobre o tenis, e por facérnolo pasar tan ben, e tamén pola gran cantidade de firmas dedicadas que lles asinou aos/ás alumnos/as. MOITAS GRAZAS MARTÍN E SORTE PARA AS VINDEIRAS COMPETICIÓNS!.E RECORDADE O QUE DIXO MARTÍN : CON ESFORZO, GAÑAS E ILUSIÓN PODEMOS ACADAR OS NOSOS SOÑOS E SOBRE TODO ACADAR O MÁIS IMPORTANTE NA VIDA, SER FELICES!.

"Recordade: non son un discapacitado que xoga ao tenis. Son un TENISTA que xoga en cadeira de rodas"





VÍDEO PRESENTACIÓN DE MARTÍN