.

.

sábado, 31 de mayo de 2014

3ª XORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA

O pasado sábado 10 de maio, en horario de tarde, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a 3ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista. Nunha xornada cun clima perfecto para a práctica do atletismo, foron 6 os/as atletas do Ceip San Vicenzo que competiron nesta xornada. A súa distribución por categoría e proba foi a seguinte:

ALEVÍN FEMININO
-Yéssica Duarte (60 m.l. e 500 m.l.).

INFANTIL FEMININO
-Diana Rodríguez (salto de lonxitude).
-Uxía Min Andrade (salto de lonxitude e 500 m.l.).

INFANTIL MASCULINO
-Pablo Pose (salto de lonxitude, 500 m.l. e lanzamento de peso).
-Pablo Pérez (80 m.v. e 500 m.l.).
-Diego Romero (80 m.l., salto de lonxitude e 500 m.l.).

Os/as 6 representantes de Vimianzo competiron de maneira excelente conseguindo uns magníficos resultados nas súas respectivas probas. Así: Yéssica Duarte acadou o 3º posto na súa serie de 60 m.l. cun tempo de 10.22, mentres que nos 500 m.l. rematou no posto 11º cun tempo de 1.57.13; Diana Rodríguez foi 23ª en salto de lonxitude cun mellor salto de 2,59 m; Uxía Min Andrade rematou no posto 20º en salto de lonxitude cun mellor salto de 2,74 m, e 12ª en 500 m.l. cun tempo de 1.47.83; Pablo Pose rematou 11º en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 5,33 m., 13º en 500 m.l. cun tempo de 1.49.29 e 25º en salto de lonxitude cun mellor salto de 3,04 m.; Diego Romero acadou o 11º posto en salto de lonxitude cun mellor salto de 3,88 m.,o 4º na súa serie de 80 m.l. cun rexistro de 11,92 e o 9º en 500 m.l. cun tempo de 1.44.84; Pablo Pérez rematou no posto 10º en 500 m.l. cun tempo de 1.46.27 mentres que nos 80 m.v. acadou o 3º posto na súa serie cun rexistro de 18.38.
Noraboa aos 6 atletas por participar e por competir tan ben.No Ceip San Vicenzo estamos moi orgullosos de vós.A seguir así e moita sorte para as seguintes competicións!

Podedes consultar os resultados completos na seguinte dirección:

MONTAXE CON FOTOS E VÍDEOS

miércoles, 21 de mayo de 2014

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

O pasado venres  11 de abril, en horario de tarde, celebrouse no cole a “X CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN”.Esta actividade celébrase cada ano en colaboración coa ONG “SAVE THE CHILDREN”.A carreira realízouse nun circuito situado no patio dianteiro do colexio, ao cal os/as neno/as  daban 1 ou 2 voltas , dependendo da idade (os/as nenos/as de infantil daban 1 e os/as nenos/as de primaria daban 2) a un ritmo moderado, posto que recordamos que non era unha carreira competitiva.A proba celebrouse por cursos para que houbese menos risco de caídas. Logo, cada neno/a colaboraba co diñeiro que cada familia considerase oportuno.O obxetivo desta carreira  é recaudar fondos para que a ONG antes nomeada,  poida axudar  a nenos/as que viven en países desfavorecidos e que non teñen recursos para cubrir as súas necesidades básicas . Cada ano, os fondos recaudados destínanse a axudar aos/ás nenos/as dun lugar determinado.Este ano a axuda irá destinada aos/ás nenos/as de Etiopía.
Etiopía é un país pobre.E a pobreza trae consigo enfermidades , fame e morte.Os/as nenos/as son os que máis o sofren.A pesar de tódolos avances, un de cada oito nenos en Etiopía morre antes de cumprir os 5 anos.Únicamente un 6% dos recén nacidos recibe coidados postnatais.Só unha de cada tres familiar ten acceso a un centro de saúde, que pode estar a 25 km de distancia.O 90% das nais dan a luz no seu fogar, sen atención sanitaria.A última sequía provocou que moitas familias tivesen que vender o seu gando para poder adquirir alimentos.A fame é a causa de que o 44% dos/as nenos/as sufra retraso no crecemento.É urxente tomar as medidas axeitadas para que os/as nenos/as poidan alcanzar os 5 anos de idade , a partir dos cales a supervivencia é máis segura.Para iso, Save the Children segue estas liñas de actuación :
  •  Proporcionar vacunas , suplementos de vitamina A, fomentar a lactancia materna, asegurar o acceso a servizos de saúde e distribuir suplementos alimenticios para loitar contra a desnutrición e a anemia.
  • Seguimento durante os primeiros 1.000 días de vida dun bebé (dende a concepción aos dous anos) para que perciba unha alimentación sen carencias nutricionais que lle deixe secuelas irreparables.
  •  Formar persoal sanitario, principalmente matronas e axentes de saúde.
  • Asegurar que cada neno e nena teñan acceso a unha educación de calidade que lles permita formarse.


A “CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE” ademais de servirnos para  axudar a outros/as nenos/as desfavorecidos, é unha actividade coa que concienciamos aos nenos/as do noso cole de que co seu esforzo (neste caso correr) poden axudar a outros/as nenos/as que por desgracia naceron en lugares nos cales as condicións de vida son moito máis difíciles que as nosas, traballando así valores que consideramos imprescindibles na educación dos/as nenos/as, como son a : solidariedade, empatía, colaboración, igualdade, respeto á diversidade...E un ano máis, temos que dicir, que os nosos/as alumnos/as demostraron que os seus corazóns están cheos de solidariedade, posto que correron, correron e seguiron correndo, sabendo que  con cada zancada que daban, con cada metro que percorrían, estaban axudando a nenos/as que vivían a moitos kilómetros de Vimianzo, onde a vida non é tan sinxela.Dende os/as nenos/as de infantil de 3 anos, ata os/as maiores de 6º de primaria.Todos deron unha lección de solidariedade.Grazas o seu esforzo, conseguiron recaudar 542 euros, cos que SAVE THE CHILDREN, poderá axudar a eses/as nenos/as de Etiopía que tanto o precisan. E despois do esforzo realizado, para recuperar forzas, houbo unha pequena sorpresa para cada neno/a, nada máis e nada menos que…un xeado!, que por certo, ben rico que estaba!.Darlle a noraboa á profe EVA que foi a auténtica organizadora da carreira.Tamén temos que agradecer aos/ás alumnos/as de 6º A de primaria, que colaboraron aguantando os soportes que suxeitaban a cinta a cal delimitaba o circuito, posto que o vento facía estragos.O vindeiro ano voltaremos a esforzarnos correndo moito para poder axudar a outros/as nenos/as.

MOITAS GRAZAS NENOS/AS DO CEIP SAN VICENZO POR SER TAN BOAS PERSOAS!.OS/AS NENOS/AS DE ETIOPÍA LEVARANVOS SEMPRE NOS SEUS CORAZÓNS.


CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" INFANTIL on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 1º E 2º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 3º E 4º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"  PRIMARIA 5º E 6º on PhotoPeach



domingo, 4 de mayo de 2014

CAMPO A TRAVÉS


                                    Gif Atletas














Sobresaínte.Así se pode calificar a participación dos alumnos/as do Ceip San Vicenzo de Vimianzo nas diferentes fases do campionato escolar de campo a través 2013-2014.Á  primeira delas, a fase comarcal celebrada en  Cee o 24 de Xaneiro, o Ceip San Vicenzo acudíu con máis de 100 nenos/as.Os resultados  acadados foron magníficos, destacando por categorías os seguintes: Lucía Roget (2ª), Natalia Torres (6ª),  Ángela Rey (11ª) e Nerea Blanco (15ª) en benxamín feminino , acadando por equipos o título de campeonas comarcais ; Ousmane Sarr ( 16º), Samuel Rodríguez (17º) , Alonso de Vicente (22º) e Julián Blanco ( 25º) en benxamín masculino ; María Villaverde ( 3ª), Yéssica Duarte ( 7ª), Alexia Canosa (20ª) e Laura Ramos (26ª) en alevín feminino ; David Villaverde (5º), Álvaro Quintáns (16º) , Rodrigo González (19º) e Víctor Canosa (24ª) en alevín masculino ; Diana Rodríguez (3ª) e Uxía Andrade ( 11ª) en infantil feminino ; Ángel Senra (6º) , Diego Romero (7º) , David Roget (12º) e Pablo Pérez (33º) en infantil masculino, conseguindo por equipos o subcampionato comarcal. Tendo en conta que para a seguinte fase se clasificaban os oitos primeiros individuais e os dous primeiros equipos, foron 12 os nenos/as do Ceip San Vicenzo  que lograron o billete para a proba intercomarcal.Esta proba  foi suspendida debido ao mal tempo , e os nenos/as clasificados para a mesma pasaron directamente á fase provincial a cal se celebrou  na cidade de Santiago de Compostela o pasado 15 de febreiro.O nivel de participación foi moi alto e os nenos e nenas de Vimianzo tiveron unha actuación excelente.O mellor resultado foi o conseguido por María Villaverde acadando o 8º posto na categoría alevín feminino, o cal lle dá a clasificación para o campionato galego que se celebrará o próximo 8 de marzo na Pobra do Caramiñal.Dende aquí desexámoslle moita sorte.Ademáis, na proba celebrada en Santiago destacan os resultados acadados por Ángel Senra (14º) en infantil masculino, Lucía Roget (19ª) en benxamín feminino , David Villaverde (22º) en alevín masculino e Diana Rodríguez (41ª) en infantil feminino.Os outros resultados acadados polos nenos/as do Ceip San Vicenzo foron os seguintes : Nerea Blanco (37ª), Natalia Torres (42ª) e Ángela Rey (58ª) en benxamín feminino; Yéssica Duarte (73ª) en alevín feminino ; David Roget (48º) , Diego Romero(57º) e Pablo Pérez (62º) en infantil masculino.

A última proba celebrouse o pasado xoves 10 de abril en Noia.Tratábase da fase intercomarcal,a cal se suspendera en febreiro debido ao mal tempo.Para esta proba, a organización decidíu abrir a inscrición permitindo así que participasen todos/as os/as atletas que o desexasen aínda que non estivesen clasificados.En representación do Ceip San Vicenzo acudiron 40 atletas das categorías benxamín e alevín (3º e 4º).Os alumnos de 5º e 6º curso non poideron acudir posto que tiñan unha excursión á cidade da Coruña.Os resultados acadados nesta fase intercomarcal foron magníficos destacando os seguintes : María Villaverde logrou o campionato intercomarcal na categoría alevín feminino ; Lucía Roget conseguíu o subcampionato intercomarcal en benxamín feminino e o equipo benxamín feminino composto por Lucía Roget , Nerea Blanco , Natalia Torres , Ángela Rey , Isabella Sarria , Paula Pérez, Tania Franco ,Diana Trillo, Paula Torres, Antía Ozón, María Mas e Daniela Lema, acadou o subcampionato.
Outros resultados destacados en Noia foron : Alexia Canosa (13ª) en alevín feminino;Samuel Suárez (16ª) en benxamín masculinoVíctor Canosa (15º) e Brais Santos (16º) en alevín masculino.
Noraboa polos resultados acadados e esperamos que sigades practicando e disfrutando co campo a través.Para o vindeiro ano máis e mellor!.
E antes de despedirnos , queremos agradecerlle aos/ás mestres/as que fixeron que todo isto fose posible , acompañándo aos alumnos/as en cada unha das probas e estando pendentes deles/as en todo momento para que todo se desenvolvese con normalidade, e sobre todo dándolles moitos ánimos.SEN A VOSA AXUDA ISTO NON SERÍA POSIBLE.MOITAS GRAZAS A:

-ROCÍO (TITORA DE 5ºA).
-LUISA (TITORA DE 4ºB).
-AMPARO (TITORA DE 3ºA).
-REBECA (TITORA DE 4ºA).
-JESÚS (TITOR DE 2ºB).
-E sobre todo a EVA , profe de ed.física , que nos acompañou ao campionato comarcal e ao campionato intercomarcal.


MONTAXE CON FOTOS




MONTAXE CON VÍDEOS


2ª XORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA

CorredorCorredor
Os atletas do Ceip San Vicenzo participaron o pasado sábado 29 de marzo ,en horario de mañá,na 2ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista que se celebrou no complexo deportivo de A Fieiteira (Riveira).En total foron 15 os/as representantes do Ceip San Vicenzo que competiron nas pistas de Riveira , repartíndose por categoría e proba da seguinte maneira:

ALEVÍN FEMININO 
-María Villaverde (60 m.l. e lanzamento de pelota).

ALEVÍN MASCULINO
-Álvaro Quintáns (60 m.l. e lanzamento de pelota).
-David Villaverde (60m.l. e lanzamento de pelota).
-Adrián Pereira (60 m.l. e lanzamento de pelota).
                                                                                                           
INFANTIL FEMININO
-Diana Rodriguez (1000 m.l. e salto de lonxitude).
-Ana María Sarria ( salto de lonxitude e 150 m.l.).
-Uxía Min Andrade ( salto de lonxitude e 150 m.l.)

INFANTIL MASCULINO:
-Ángel Senra (1000 m.l . e 150 m.l.) / David Roget  (xavelina e 150  m.l.).
-Diego Romero (1000 m.l , lonxitude e 150 m.l.) / Darío Domínguez (xavelina).
-Pablo Pérez (220 m.v. e 150 m.l.) / Pablo Pose ( peso e lonxitude.).
-Flavio Castro ( 220 m.v.) / Hilario Suárez ( xavelina).

Todos e todas os/as atletas que nos representaron en Riveira  realizaron unha magnífica competición, acadando uns resultados sobresaíntes , dos que podemos destacar os seguintes : Ángel Senra 2º nos 1000 m.l. cun tempo de 3:22.82 e 3º na súa serie de 150 m.l con 22.66 ; Álvaro Quintáns 2º  en lanzamento de pelota cun lanzamento de 24,34 m, e 3º na súa serie de 80 m.l cun tempo de 10,75.;María Villaverde 5ª en lanzamento de pelota con 15,23 m.;Ana María Sarria 5ª en lanzamento de xavelina cun lanzamento de 9,98 m.; Diego Romero 8º en salto de lonxitude cun salto de 3,51 m.e 4º na súa serie de 150 m.l. cun tempo de 22,81.; Darío Domínguez  8º en xavelina cun lanzamento de 15, 25 m.;David Roget 2º na súa serie de 150 m.l. con 23,21.; Pablo Pérez 2º na súa serie de 220 m.v. cun tempo de 41,71.;Uxía Min 2ª na súa serie de 150 m.l cunha marca de 25,12.; Adrián Pereira 3º na súa serie de 80 m.l. con 10,76.; Diana Rodríguez 9ª nos 1000 m.l. cunha marca de 3:56.26.
Noraboa a todos e todas os/as atletas que participantes e que tan ben o fixestes.No Ceip San Vicenzo estamos moi orgullosos de vós.A seguir así e moita sorte para a próxima xornada!.

Podedes consultar todos os resultados "pinchando" no seguinte enlace:



MONTAXE CON FOTOS

2ª XORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA  2014 on PhotoPeach



MONTAXE CON VÍDEOS

1ª XORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA

Atleta                        Atleta


    

                                         





Os atletas do Ceip San Vicenzo participaron o pasado sábado 22 de marzo, en horario de mañá, na 1ª xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista que se celebrou no estadio universitario de Santiago de Compostela. En total foron 15 os/as representantes do Ceip San Vicenzo que competiron nas pistas de Santiago, repartíndose por categoría e proba da seguinte maneira:

ALEVÍN FEMININO 
-María Villaverde (500 m.l.).

ALEVÍN MASCULINO
-Álvaro Quintáns (lanzamento de pelota).
-David Villaverde (salto de lonxitude).
                                                                                               
INFANTIL FEMININO
-Diana Rodriguez (80 m.l.).
-Ana María Sarria (80 m.l. e 150 m.l.).
-Andrea Pérez ( 80 m.l. e 150 m.l.).

INFANTIL MASCULINO:
-Ángel Senra (80 m.l. e 500 m.l..) / David Roget  (80 m.l. e 500 m.l.).
-Diego Romero (80 m.l. e 500 m.l.) / Marco Santos (80m.l. e 500 m.l.).
-Pablo Pérez (220 m.v. e 150 m.l.) / Pablo Pose (peso e 150 m.l.).
-Flavio Castro ( 220 m.v. e 150 m.l.) / Hilario Suárez ( xavelina e peso).
-Darío Domínguez (xavelina e peso).

Todos e todas os/as atletas que nos representaron en Santiago  realizaron unha magnífica competición, acadando uns resultados sobresaíntes , dos que podemos destacar os seguintes : Álvaro Quintáns 2º en lanzamento de pelota alevín masculino cun mellor lanzamento de 24,34 m.; Ángel Senra en infantil masculino, 3º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 12,04 e 3º en 500 m.l. cun tempo de 1.36.50; María Villaverde 3ª en 500 m.l. alevín feminino cun tempo de 1.48.65; Diego Romero en infantil masculino, 4º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 12,04 e 4º en 500 m.l. cun tempo de 1.37.66; David Roget en infantil masculino, 3º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 12,09 e 5º en 500 m.l. cun tempo de 1.38.36; Marco Santos en infantil masculino, 7º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13,96; Pablo Pérez en 220 m.v. infantil masculino, cun tempo de 42,71, 3º na súa serie; Flavio Castro en infantil masculino 220 m.v. cun tempo de 46,19, 4º na súa serie; Pablo Pose 8º en lanzamento de peso infantil masculino, cun mellor lanzamento de 5,98 m.; Hilario Suárez 10º en lanzamento de xavelina infantil masculino cun rexistro de 12,76 m; Darío Domínguez 14º en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 5,29 m; Diana Rodríguez en 80 m.l. infantil feminino 6ª na súa serie cun tempo de 12,68; Ana María Sarria 4ª na súa serie de 80 m.l. infantil feminino cun tempo de 13,23; Andrea Pérez en 80 m.l. infantil feminino, 5ª na súa serie cun tempo de 15,54; David Villaverde en salto de lonxitude alevín masculino, acadando o 27º posto, cun mellor salto de 2,01 m.
Noraboa a todos e todas os/as atletas que participantes e que tan ben o fixestes.No Ceip San Vicenzo estamos moi orgullosos de vós.A seguir así e moita sorte para a próxima xornada!.



MONTAXE CON FOTOS

1ªXORNADA INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA 2014 on PhotoPeach





MONTAXE CON VÍDEOS


COPA DE BRILÉ

Excelente o campionato da copa de brilé que ven de rematar no Ceip San Vicenzo.Por unha banda celebrouse a competición de copa do 2º ciclo na cal participaron os seguintes equipos :  BARSA , LOS DEMONIOS NEGROS , EQUIPO VERDE , DIABLOS BLANCOS , ROCKSTAR e CAMPEÓNS DE BRILÉ.Os partidos eran eliminatorios , é dicir , o equipo que gañaba pasaba á seguinte fase  e o equipo que perdía quedaba eliminado.Así foise desenvolvendo a competición con partidos moi igualados en todas as fases, dende cuartos de final ata a final .A este último partido chegaron os 2 equipos de 4º B : "LOS DEMONIOS NEGROS" ( integrado por: Manuel , Noelia , Miguel , Hugo , Lidia ,Juan , Karina e Ainhoa ) e "LOS DIABLOS BLANCOS" ( integrado por : Fabián , Sergio , María , Minerva , Antía , Álex e Andrea).A final foi moi disputada.Houbo moita igualdade durante todo o encontro , con lanzamentos moi precisos buscando brilar aos adversarios en busca de lograr o desexado título de copa.Ao final foron "LOS DIABLOS BLANCOS" os que se fixeron coa victoria.
Por outra banda , na competición de 3º ciclo participaron os seguintes equipos : LMEB , MIRADOR DE MONTEPINAR , LOS CERDOS SALVAJES , LOS MACARRONES e LAS TIGRESAS Y LOS RELÁMPAGOS. Nesta competición os partidos foron extremadamente igualados , decidíndose moitos deles por un único brilado de diferencia.Foron partidos con moitos nervios e tensión, difíciles para os árbitros.Despois de xogarse as semifinais  , fixose unha eliminatoria de repesca para xogar unha final triangular á cal chegaron "LMEB" , "LOS CERDOS SALVAJES" e "MIRADOR DE MONTEPINAR". Nesta final triángular  xogaban todos contra todos 1 partido.A victoria sumaba 3 puntos e o empate 1 punto.Foron partidos moi disputados e competidos nos que puido gañar calquera dos 3.Ao final foron "LOS CERDOS SALVAJES" os que despois de gañar os 2 partidos se fixeron con 6 puntos cos que se proclamaron campións de copa de brilé , namentres que o equipo "LMEB" logrou o subcampionato despois de gañar 1 partido acadando 3 puntos.Destacar tamén o gran campionato realizado polo equipo"MIRADOR DE MONTEPINAR".Noraboa a todos os equipos que participaron nesta competición, e non vos esquezades que o máis importante é participar e divertirse xunto aos vosos compañeiros e compañeiras.
Por último debemos agradecer e felicitar aos árbitros que arbitraron cada un dos partidos desta competición de copa , axudando a  que cada un deles se desenvolvese de maneira correcta e cordial.Noraboa e grazas.

COPA DE BRILÉ on PhotoPeach


LIGA DE BRILÉ

Veñen de rematar as ligas de brilé nas que participaron os/as alumnos/as do 2º e do 3º ciclo de primaria.Xogouse a unha volta , é dicir , xogaban todos contra todos unha vez.A victoria sumaba 3 puntos , e o empate 1 punto.Na competición de 2º ciclo participaron os seguintes equipos : LOS DIABLOS BLANCOS , EQUIPO GANADOR , BRISTAR, LOS GALÁCTICOS , LOS HALCONES , CAMPIÓNS DE BRILÉ e SUPERBRILÉ.Todos os partidos foron moi competidos.O gañador final da liga foi o equipo "LOS DIABLOS BLANCOS" , integrado por Andrea  , María , Fabián , Minerva, Sergio , Álex e Antía , todos/ as eles/as de 4ºB.Conseguiron a victoria nos seus 6 partidos polo que lograron un total de 18 puntos.Na competición de 3º ciclo  participaron os seguintes equipos : LOS MACARRONES , PIRATAS SOMBREIRO DE PALLA, LAS TIGRESAS Y LOS RELÁMPAGOS , MIRADOR DE MONTEPINAR , EL EQUIPO B e LMEB.Do mesmo xeito que na competición de 2º ciclo , os partidos do 3º ciclo tamén foron moi competidos e igualados.O gañador final foi o equipo "LOS MACARRONES" , integrado por María , David , Ángel ,Sheila , Sara , Andrea e Ana María , todos/as eles/as de 6º curso.Fixeron un excelente campionato logrando a victoria en todos os seus partidos , polo que ao final conseguiron 15 puntos.Dende aquí temos que felicitar a todos os equipos participantes na competición posto que todos o fixeron moi ben.Recordade que o importante é participar e divertirse xogando cos nosos compañeiros e compañeiras.O vindeiro ano máis e mellor!.

                                                 
PRÓXIMAMENTE MONTAXE FOTOGRÁFICO