.

.

viernes, 7 de marzo de 2014

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO


                                                                        

O pasado 11 de novembro, celebrouse no noso cole o SAN MARTIÑO, e como dí o refrán e ben sabedes, POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO.Así, para conmemorar este día  fixéronse as seguintes actividades :
  •   CONCURSO DE  DECORACIÓN DE PEÓNS
  •  CAMPIONATO DE BAILE DE PEÓNS
Dende o luns 7 ata o venres 11 de novembro, todos/as aqueles/as alumnos/as que o desexasen, podía traer o seu peón decorado como quixesen para deixalo na exposición situada diante da biblioteca.Así, dende 3 anos infantil ata 6º de primaria , foron moitos/as os/as alumnos/as que convertiron o seu peón en auténticas obras de arte.Botádelle unha ollada ao vídeo e xa veredes!.Aínda que todos os peóns que “participaron” neste concurso estaban moi ben decorados, os que máis destacaron e que polo tanto conseguiron premio ( diploma e peón de ouro para o gañador/a  e diploma e peón de prata para o segundo clasificado/a) foron os seguintes :
INFANTIL
  • 1ºCLASIFICADO/A: GAEL ALONSO (3 ANOS) 
  • 2ºCLASIFICADO/A: CLAUDIA BAÑA (3 ANOS)
1ºCICLO
  • 1º CLASIFICADO/A: MIGUEL BLANCO (2ºA)    
  •  2º CLASIFICADO/A: MARÍA LEMA( 1ºA)
2ºCICLO
  • 1º CLASIFICADO/A: SERGIO MOUZO(4ºB) 
  • 2ºCLASIFICADO/A: YAGO BENDAÑA(4ºA)
3ºCICLO
  • 1ºCLASIFICADO/A : MARÍA DEL MAR MIÑONES(6ºB) 
  • 2ºCLASIFICADO/A: ADRIÁN PEREIRA(5ºB)                                                                                                                                         
Ademais de decorar os seus peóns auténticos, cada neno/a coloreou un peón de debuxo, cos cáles decoramos os pasillos do colexio, enchéndoos de cor e alegría.Estes/as nenos/as de Vimianzo son uns/has  artistazos/as!.



En canto á competición de “BAILE DO PEÓN” podemos destacar o gran número de participantes que tomaron parte na mesma .Quedou demostrado que é un campionato moi agardado polos/as nenos/as do cole, no cal poden demostrar as súas habilidades co peón e todo o tempo que estiveron adestrando, sobre todo os días previos.A competición consistía en realizar “BATALLAS DE BAILE DE PEÓNS” enfrontados por parellas ( lanzaban o peón ao mesmo tempo, e o que o conseguise bailar máis tempo, pasaba á seguinte rolda).A primeira fase realizouse por cursos (1º , 2º , 3º , 4º , 5º e 6º de primaria separados).Así os gañadores de cada curso, pasaban á gran  final, na cal terían que “loitar” co seu peón contra o gañador  do outro curso do ciclo (1º vs 2º / 3º vs 4º / 5º vs 6º).As “batallas” foron moi competidas dende as primeiras roldas.Mesmo nalgunha se bailaron os peóns case un minuto.Todos/as os/as nenos/as que participaron merecían un premio, pero como en toda competición, ten que haber uns gañadores, e neste campionato foron os seguintes :
  1º CICLO
  • 1º CLASIFICADO/A : ALEX PASANTES(2ºA)
  • 2º CLASIFICADO/A : JULIÁN BLANCO(2ºA)
 2º CICLO
  • 1º CLASIFICADO/A : JUAN PAIS(4ºB)
  • 2º CLASIFICADO/A : RICARDO CASTIÑEIRA(3ºA)
 3ºCICLO
  • 1ºCLASIFICADO/A: ÁNGEL SENRA(6ºB)
  • 2º CLASIFICADO/A: DIEGO ROMERO(5ºB)

E para que o día fose “redondo”, tamén se celebrou o MAGOSTO.Así, despois de bailar os peóns, poidemos repoñer forzas enchendo o noso bandullo cunhas riquísimas castañas, asadas no seu punto polos profes Ricardo, María Xosé, Teresa e Ana,  encargados de cociñarnos este froito tan rico que nos ofrece o outono.Esperamos que disfrutásedes do día.Para o vindeiro ano máis e mellor!.Ide adestrando cos vosos peóns para o vindeiro curso, e recordade :
¡O IMPORTANTE É PARTICIPAR E DIVERTIRSE XOGANDO XUNTO AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO on PhotoPeach