.

.

domingo, 13 de diciembre de 2015

CAMPO A TRAVÉS - CAMPIONATO COMARCAL 2015


Resultado de imagen de gifs atletismo
O pasado venres 4 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo de Cee. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi  unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.
En canto aos resultados, temos que destacar as 3 medallas acadadas polos/as nosos/as alumnos/as. A primeira delas chegaba na categoría alevín feminina, na cal, Lucía Roget Blanco (alumna de 5ºB), conseguía a medalla de bronce despois de realizar unha magnífica carreira na que foi de menos a máis, entrando en meta nunha extraordinaria terceira posición. A segunda medalla foi de prata e chegaba na categoría alevín masculino da man do alumno de 4ºA Ousmane Sarr. Ousmane fixo unha carreira fantástica, manténdose nos primeiros postos de carreira dende a saída e entrando en meta nunha impresionante segunda posición. Por último, na categoría infantil feminina, a alumna de 6º B, María Villaverde Ameijeiras acadaba nada máis e nada menos que a medalla de ouro. María realizou unha carreira perfecta, colocándose dende a saída nos primeiros postos e rompendo a carreira cun extraordinario cambio de ritmo a falta de 200 metros para facerse co campionato comarcal. Lucía, Ousmane e María serán os/as nosos/as representantes no campionato intercomarcal que se celebrará en Porto do Son o vindeiro 29 de xaneiro. En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos. Dende aquí queremos darlle a noraboa polos magníficos resultados acadados e deserxarlles moita sorte para a vindeira proba, na cal estamos seguros que o farán moi ben.


LUCÍA, MARÍA E OUSMANE

Ademais das tres medallas acadadas tamén temos que destacar os seguintes resultados :

BENXAMÍN FEMININO
  • UXÍA ALBORES CANOSA - 13ª
  • ANTÍA BUSTO LEMA - 21ª
  • EMMA PÉREZ GESTO - 23ª
  • AROA SENDÓN AMADO - 24ª
BENXAMÍN MASCULINO
  • HUGO CASTIÑEIRA SANTOS - 21º
  • MANUEL GÓMEZ LEMA - 37º
  • VALENTÍN ARIAS PARGA - 41º
  • JOSÉ ANTONIO ANDRADE CASTIÑEIRA - 51º
ALEVÍN FEMININO
  • LUCÍA ROGET BLANCO - 3ª
  • NEREA BLANCO RIAL - 15ª
  • NATALIA TORRER TRILLO - 17ª
  • ANGELA REY FIGUEIRA - 21ª
ALEVÍN MASCULINO
  • OUSMANE SARR - 2º
  • JULIÁN BLANCO ANDRADE - 20º
  • SAMUEL SUÁREZ GARCÍA - 30º
  • SAMUEL RODRÍGUEZ REGUEIRA - 34º
INFANTIL FEMININO
  • MARÍA VILLAVERDE AMEIJEIRAS - 1ª
  • ALEXIA CANOSA ROJO - 14ª
  • ANDREA MÉNDEZ ARJOMIL - 66ª
INFANTIL MASCULINO
  • FABIÁN SENDÓN AMADO - 21º
  • BRAIS SANTOS BARREIRO - 36º
  • VICTOR CANOSA GONZÁLEZ -39º
  • BRIAN CANOSA DA SILVA - 81º
Dende aquí queremos felicitar a tódolos/as alumnos/as que participaron polo ben que o fixeron e recordade que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

Nos seguintes enlaces pódese consultar a clasificación e visualizar reportaxes fotográficas da proba.