.

.

martes, 17 de febrero de 2015

CAMPIONATO COMARCAL ALEVÍN DE BÁDMINTON 2014-2015


Resultado de imagen de DIBUJO DE BADMINTONResultado de imagen de DIBUJO DE BADMINTON

O pasado xoves 12 de febreiro, 32 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Ceip San Vicenzo, desprazáronse á Serra de Outes para disputar a primeira fase do campionato comarcal escolar alevín de bádminton da zona de Noia.A proba disputouse en horario de tarde.Os xogadores da categoría masculina debían xogar 2 ou 3 partidos dependendo do grupo que lles tocara por sorteo ( 3 ou 4 xogadores por grupo).Nesta categoría os nosos representantes foron: Adrián Sampedro Blanco, Ramiro Martínez Mato, Rodrigo González Pose, Francisco Infesta Gándara, Aníbal Calo Méndez, Elías Albores Canosa, David Rey Figueira, Samuel Cibrán Sánchez, Pablo Oanes Vidal, Adrián Pereira Fernández, Brais Touriñán Caamaño, Mario Regueira Lema, David Villaverde Ameijeiras, Álvaro Quintáns García, Marcos Esperante Varela, José Manuel Agustín Castiñeira, Fabián Sendón Amado, Alejandro Antelo Lago, Víctor Canosa González, Eloy Lema García, Pablo Blanco Varela, Ángel Caamaño Pérez e Sergio Mouzo Ferreiro.As xogadoras da categoría feminina debían xogar 2 partidos posto que tódolos grupos estaban formados por 3 xogadoras.Nesta categoría participaron: Laura Ramos Santos, Nerea Suárez Calo, Noa Pichel Paz, Noa Rodríguez Canosa, María Villaverde Ameijeiras, Andrea Méndez Arjomil, Karina Mouzo Pazos, Ainhoa Vigo Pérez e Alexia Canosa Rojo. Os partidos disputábanse ao/á mellor de 15 puntos.Os/as nosos/as xogadores/as disfrutaron dunha tarde deportiva practicando bádminton e mostrando o seu bo nivel de xogo, o que os/as levou a colleitar uns magníficos resultados que se poden consultar a continuación. Estamos á espera de que a organización nos confirme os/as xogadores/as clasificados/as para a seguinte fase.Os/as que están clasificados/as con toda seguridade son os/as xogadores/as que quedaron primeiros nos seus correspondentes grupos así como aqueles que remataron segundos nos grupos compostos por catro xogadores.Noraboa a todos/as.E recordade que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


                                                  




 

lunes, 16 de febrero de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2014-2015

NOVO ÉXITO DEPORTIVO DE MARÍA VILLAVERDE AMEIJEIRAS

Impresionante.Así se pode definir a tempada de campo a través que está a facer María Villaverde  Ameijeiras, alumna de 5º de primaria e atleta alevín do Ceip San Vicenzo de Vimianzo. Se no mes de decembro conseguía o campionato comarcal na proba celebrada en Cee, e no mes de xaneiro o subcampionato intercomarcal celebrado en Porto do Son, o pasado sábado 7 de febreiro acadaba nada máis e nada menos que a medalla de bronce no campionato provincial celebrado na Pobra do Caramiñal.Nunha proba con moito nivel, María realizou unha carreira perfecta manténdose dende o inicio nos postos de cabeza e rematando cun magnífico sprint final que a levou a conseguir este grandísimo éxito, o cal demostra o prometedor futuro que ten esta xoven atleta de Vimianzo.A súa participación nas probas de campo a través culminará o vindeiro sábado 21 de febreiro no campionato galego que se celebrará en Monterrei (Ourense). Xa no mes de marzo, comezará xunto con outros/as alumnos/as e atletas do Ceip San Vicenzo a participación nos campionatos de atletismo en pista.Dende aquí queremos desexarlle moita sorte e darlle ánimos para tódalas competicións que se aproximan, nas que non temos ningunha dúbida que continuará disfrutando e demostrando todo o seu potencial atlético neste magnífico deporte.