.

.

martes, 9 de febrero de 2016

CAMPO A TRAVÉS - CAMPIONATO INTERCOMARCAL 2016


Na mañá do pasado venres 29 de xaneiro, celebrouse o campionato intercomarcal de campo a través. A proba tivo lugar no circuíto do Campamento Xuvenil Virxe do Loreto de Porto do Son.O Ceip San Vicenzo estivo representado por tres atletas: Lucía Roget Blanco, Ousmane Sarr e María Villaverde Ameijeiras. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica deste magnífico deporte, os/as tres representantes de Vimianzo, competiron de maneira sobresaínte acadando uns magníficos resultados. A primeira en participar foi a alumna de 5º Lucía Roget Blanco, a cal competíu en categoría alevín. Lucía realizou unha magnífica carreira. Dende a saída ata a chegada mantívose entre as quince primeiras clasificadas, entrando en meta nunha fantástica 12ª posición. O alumno de 4º, Ousmane Sarr, foi o segundo en competir, realizando unha moi boa carreira en categoría alevín. Ousmane saíu nos primeiros postos e foi quen de entrar en meta nunha moi meritoria 23ª posición, nunha proba con moitísimo nivel. A última das nosas representantes en tomar parte na proba foi a alumna de 6º María Villaverde Ameijeiras a cal acadou a medalla de prata na categoría infantil, realizando unha impresionante carreira. María situouse nas primeiras posicións dende a saída, manténdose nos tres primeiros postos ao longo de toda a proba. A falta de 300 metros para chegar á meta, María realizou un impresionante cambio de ritmo que lle servíu para acadar o subcampionato intercomarcal, véndose superada únicamente nos últimos metros por unha atleta da Atl.Barbanza.Con este resultado, María logra a clasificación para o campionato provincial que se celebrará o  vindeiro día 27 de febreiro en Narón. SORTE E A POR TODAS MARÍA e fagas o que fagas en Vimianzo estaremos moi orgullosos do teu resultado!.
Con estes magníficos resultados, os/as nosos/as representantes demostran o enorme potencial que teñen como atletas e que xa viñan mostrando nos últimos anos. E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN,  O MÁIS IMPORTANTE É DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


OUSMANE, MARÍA E LUCÍA


                                         MARÍA NO PODIUM INFANTIL FEMININO