.

.

martes, 9 de junio de 2015

VISITA DO TENISTA MARTÍN VARELA DOURADO

O pasado venres 29 de maio, tivemos a sorte de desfrutar da visita do tenista de Corme, Martín Varela Dourado. Martín, que conta no seu palmarés con campionatos de España e con numerosos torneos a nivel internacional e que actualmente ten como obxectivo principal acadar a clasificación para os vindeiros Xogos Paralímpicos de Brasil 2016, fixo que o alumnado desfrutase e aprendese moito, primeiro cunha charla destinada aos/ás alumnos/as de 5º e 6º de primaria e na que o tenista foi contando as súas vivencias e anécdotas deportivas e posteriormente cunha exhibición e clase de tenis no polideportivo da que poideron desfrutar todos/as os/as nenos/as do cole. Ao rematar a mesma, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizoulle un corredor con raquetas, polo cal pasou Martín para recoller ao final do mesmo un debuxo do propio tenista. Dende aquí queremos darlle as grazas a Martín por ensinarnos tanto sobre a vida e sobre o tenis, e por facérnolo pasar tan ben, e tamén pola gran cantidade de firmas dedicadas que lles asinou aos/ás alumnos/as. MOITAS GRAZAS MARTÍN E SORTE PARA AS VINDEIRAS COMPETICIÓNS!.E RECORDADE O QUE DIXO MARTÍN : CON ESFORZO, GAÑAS E ILUSIÓN PODEMOS ACADAR OS NOSOS SOÑOS E SOBRE TODO ACADAR O MÁIS IMPORTANTE NA VIDA, SER FELICES!.

"Recordade: non son un discapacitado que xoga ao tenis. Son un TENISTA que xoga en cadeira de rodas"





VÍDEO PRESENTACIÓN DE MARTÍN

No hay comentarios:

Publicar un comentario