.

.

lunes, 22 de junio de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2014-2015 / FERROL


Resultado de imagen de gifs atletismo


O sábado 30 de maio, celebrouse en Ferrol o campionato provincial de atletismo en pista. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as nosos/as 14 representantes (clasificados previamente das fases intercomarcais) competiron de xeito fantástico acadando uns resultados impresionantes, destacando os 4 atletas que acadaron medalla. Así, na categoría benxamín feminino, Paula Andújar Paz (alumna de 3º) proclamouse campiona provincial en lanzamento de pelota. Na categoría alevín feminino, María Villaverde Ameijeiras (alumna de 5º) acadou a medalla de bronce nos 500 m.l, mentres que o seu compañeiro de curso, Hugo Santos Pérez, conquistou o subcampionato provincial en lanzamento de pelota na categoría alevín masculino. Na categoría infantil masculino, Diego Romero Aguiar (alumno de 6º) proclamouse nada máis e nada menos que campión provincial en salto de lonxitude e en 150 m.l. Pero, ademais destes impresionantes resultados, temos que destacar que os/as demais representantes competiron tan ben que remataron como mínimo entre os/as 8 mellores atletas da provincia.








Os/as resultados de todos/as os/as nosos/as representantes foron: 
  • Ousmane Sarr :  benxamín, 4º en 50 m.l. cun rexistro de 8.49 e 7º en 500 m.l. cun tempo de 1.47.91.
  • Paula Andújar Paz : benxamín, 1ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 22.17.
  • María Villaverde Ameijeiras : alevín, 3ª en 500 m.l. cun tempo de 1.36.08. e 6ª en salto de lonxitude cunha marca de 3.20.
  • Hugo Santos Pérez : alevín, 1º en lanzamento de pelota cun rexistro de 32.41.
  • Manuel Canosa Dopazo : alevín, 6º en lanzamento de peso cun rexistro de 7.33.
  • Carolina González Castro : infantil, 6ª en lanzamento de disco cun rexistro de 14.09 e 9ª en lanzamento de peso cunha marca de 5.53.
  • Marcos Esperante Varela : infantil, 7º en lanzamento de disco cun rexistro de 16.77 e 12º en lanzamento de peso cunha marca de 5.57.
  • Adrián Pereira Fernández : infantil, 8º en lanzamento de disco cun rexistro de 14.86.
  • Diego Romero Aguiar : infantil, 1º en salto de lonxitude cun mellor salto de 4.79 e 1º en 150 m.l. cun rexistro de 20.47.
  • Nerea Blanco Rial, Paula Pérez Espasandín, Andrea Méndez Arjomil e María Villaverde Ameijeiras : alevín, 5ª na final A de 4x60 m.l. cun rexistro de 44.90.
  • Diego Romero, Álvaro Quintáns García, David Villaverde Ameijeiras e Adrián Pereira Fernández : infantil, 3º na final B de 4x80 m.l.
Resultados completos no seguinte enlace:


Dende aquí queremos felicitalos/as a todos/as polos magníficos resultados acadados que demostran que con esforzo, gañas , ilusión e traballo todo se pode conseguir. Esperamos que continuedes facendo deporte e recordade que GAÑAR ESTÁ MOI BEN , PERO O MÁIS IMPORTANTE É PRACTICAR DEPORTE DISFRUTANDO E APRENDENDO XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario