.

.

miércoles, 24 de junio de 2015

LIGA DE FÚTBOL DE 2º CICLO



Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga de fútbol de 2º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son : 
  • TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
  • SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
  • DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
  • SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
  • XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
  • AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
  • NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
  • AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
  • ESFORZO: Afán de mellorar.
  • IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
  • INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
  • TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
  • RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
  • SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
  • RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
  • NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
  • DIVERSIÓN: O deporte é un xogo. 

 En total foron 7 equipos compostos por 7-9 xogadores/as:
  • LOL XD
  • LOS SAQUES
  • LOS GOLEADORES
  • VIMIB
  • LOS FUTBOLÍSIMOS
  • LOS ESPAÑOLES
  • MONTEPINAR


A competición celebrouse en sistema liga, con 2 grupos de 4 e 3 equipos respectivamente.Da arbitraxe encargábanse os/as alumnos/as de 5º de primaria.Os gañadores de cada grupo clasificábanse para a gran final. Así, no grupo 1, o mellor equipo foi LOL XD, mentres que no grupo 2 o primeiro clasificado poi o equipo de LOS ESPAÑOLES. A final estivo moi disputada ata os últimos mínutos, gañando pola mínima diferencia o equipo de LOL XD composto por xogadores/as de 4º B.Destacar o bo comportamento de tódolos/as xogadores/as durante tódolos partidos disputados.Os/as gañadores/as e os subcampións recibiron un diploma que lles foi entregado no comedor do colexio cunha forte ovación dos/as seus compañeiros/as.





Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario