.

.

martes, 24 de junio de 2014

LIGAS DE FÚTBOL 2013-2014

                                                        Gifs animados de fútbol para niños




Veñen de rematar as ligas de fútbol celebradas no Ceip San Vicenzo cunha alta participación. A competición dividíuse en dous grupos. Por un lado xogaban os equipos de 2º ciclo, e por outro os equipos de 3º ciclo. Os equipos tiñan que estar formados por un mínimo de seis xogadores/as, non existindo un número máximo de xogadores/as por equipo.Era obrigatorio que xogasen todolos/as compoñentes do equipo en cada partido. A competición xogouse a unha soa volta (cada equipo xogou contra todos os demais unha vez).A victoria sumaba tres puntos e o empate un. Os partidos celebráronse no polideportivo e no campo de fútbol do patio exterior. Na competición de 2º ciclo participaron 4 equipos : LOS MIXELS (4ºB), THE WOLF(4ºA), CRACKS(3ºA) e CABANA(3ºB). Tódolos partidos foron moi igualados, resultando vencedor final o equipo LOS MIXELS (Manuel Canosa, Fabián Sendón, Hugo Santos, Sergio Mouzo, Alex Soto,  María Villaverde, Juan Pais, Miguel Suárez, Karina Mouzo e Andrea Méndez) ao gañar os seus tres partidos, sumando un total de 9 puntos.En canto á competición de 3º ciclo, decir que foron 5 os equipos que participaron na liga: EJÉRCITO MONGOL, ESPERANZA SUR, MONTEPINAR F.C, CEBOLLETAS e LMEF. Nesta competición a igualdade foi máxima, resolvéndose a maioría dos partidos pola diferencia mínima.O equipo gañador foi EJÉRCITO MONGOL (David Roget, Marco Santos, Ángel Senra, Diana Rodríguez, Andrea Pérez, Sandra Ramos, Sara Pereira, Hilario Suárez e Pedro Vázquez), que gañaron os seus 5 partidos, sumando un total de 12 puntos.
Dende aquí queremos darvos a noraboa a tódolos/as participantes por participar e esperamos que para o vindeiro ano voltedes a xogar  e animedes aos/ás compañeiros/as que este ano non o fixeron. E tamén lle queremos agradecer a tódolos árbitros que de maneira voluntaria axudaron a que a competición se desenvolvese sen incidencias grazas a súa maxistral labor arbitral.GRAZAS!.
E recordade, que no deporte gañar está moi ben, pero O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS!.O vindeiro ano, MÁIS E MELLOR!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario