.

.

lunes, 2 de junio de 2014

PREMIOS ÁS/AOS ATLETAS PARTICIPANTES NOS CAMPIONATOS DE ATLETISMO EN PISTA 2014

O pasado venres 30 de maio, na hora do comedor, os/as atletas que participaron nalgunha das probas que formaban o campionato de atletismo en pista, tiveron unha agradable sorpresa.A directora do centro, dona Ana García, entregoulles en recoñecemento ao seu esforzo e aos bos resultados acadados, un diploma ás/aos atletas que participaron nalgunha das tres fases do campionato intercomarcal, e un diploma e unha medalla aos 6 atletas que conseguiron a clasificación para o campionato provincial.Pero estamos seguros que, aínda que os diplomas e as medallas lles fixeron moita ilusión, o que máis ilusión lles fixo aos/ás nosos/as atletas foi o recoñecemento por parte dos seus compañeiros/as, a través de fortes e sentidos aplausos, cos que foron ovacionados cada un/unha deles/as.O sorriso debuxado na cara de MARÍA, YÉSSICA, DAVID VILLAVERDE, BRAIS, ÁLVARO, DIEGO, ANA MARÍA, ANDREA, UXÍA, DIANA, PABLO PÉREZ, DARÍO , FLAVIO, HILARIO, PABLO POSE, DAVID ROGET, MARCO e ÁNGEL cando eran chamados a recoller o seu premio de mans da directora, no medio dunha cerrada e calurosa ovación dos seus compañeiros/as, decíao todo.Dende aquí queremos darlle a NORABOA AOS/ÁS 18 ATLETAS que nos representaron e que deixaron o nome do Ceip San Vicenzo e de Vimianzo moi alto, primeiro por participar, e segundo por acadar tan bos resultados, sobre todo ÁLVARO e DIEGO que conquistaron nada máis e nada menos que o 4º posto no campionato provincial!, claros exemplos de que con ESFORZO E ILUSIÓN TODO SE PODE CONSEGUIR!.Esperamos que para o vindeiro ano sexan máis os/as atletas do Ceip San Vicenzo que se animen a participar.Hai probas para tódolos gustos: carreiras de velocidade, salto de lonxitude, carreiras de resistencia, lanzamento de pelota, salto de altura, lanzamento de xavelina, carreiras de vallas, lanzamento de peso...As pistas de atletismo de Santiago, Cee, Riveira e a Pobra do Caramiñal esperan que as pisedes o vindeiro ano.E recordade, gañar está moi ben, pero O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR E DIVERTIRSE FACENDO DEPORTE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario