.

.

domingo, 22 de junio de 2014

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA


O pasado venres 13 de xuño, os/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Ceip San Vicenzo, tiveron a honra de recibir unha exhibición maxistral de esgrima impartida por Yann Breteau Agote, mestre do Club Esgrima Coruña. A exhibición comezou cunha breve clase teórica sobre a esgrima, a cal tivo lugar na aula de audiovisuais. Posteriormente, os/as alumnos/as dirixíronse ao polideportivo para comezar coa parte práctica. En primeiro lugar, o mestre Yann realizou unha demostración de como realizar un combate, e posteriormente colocados por parellas, todolos/as alumnos/as realizaron un combate ao mellor de tres asaltos. Foi unha gran experiencia para todos/as, na cal aprenderon e disfrutaron cun deporte descoñecido para a gran maioría.A continuación podedes ver unha montaxe con fotos da exhibición. Animádevos a practicar esgrima, e non vos esquezades: SAÚDO, EN GARDA, LISTOS, ADIANTE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario