.

.

domingo, 1 de junio de 2014

CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA

Gif Atleta                                                                                               Atleta

O pasado sábado 24 de maio, nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, celebrouse o campionato provincial de atletismo en pista.As diferentes probas atléticas que formaban o programa de competición, desenvolvéronse ao longo de todo o día, dende as 10:30 da mañá ata as 8:30 da tarde.A climatoloxía foi perfecta para a práctica do atletismo, sobre todo pola tarde, onde o sol se deixou sentir con forza.Para poder acudir a esta competición, os atletas tiñán que estar entre os 16 primeiros do ránking provincial, o cal se constituía en base ás marcas acadadas nas diferentes xornadas dos campionatos intercomarcais.En base a isto, 6 eran os atletas do Ceip San Vicenzo que estaban clasificados para esta competición, divididos por categoría e proba da seguinte maneira:

NOME
CATEGORÍA
PROBA
MARCA
RÁNKING PROVINCIAL
María Villaverde
Alevín fem.
Lanzamento de pelota
15,23
11ª
Álvaro Quintáns
Alevín masc.
Lanzamento de pelota
24,34
Pablo  Pérez
Infantil masc.
80 m.v.
18.38
12º
Darío Domínguez
Infantil masc.
Lanzamento de xavelina
15,25
15º
Diego Romero
Infantil masc.
Salto de lonxitude
3,88
12º
Ángel Senra
Infantil masc.
1000 m.l.
3.22.82
11º

Ao final foron 4 os atletas que representaron a Vimianzo neste campionato provincial, posto que Ángel estaba lesionado, e María non puido acudir por outros motivos.Os resultados acadados foron magníficos.O primeiro en competir foi Pablo nas semifinais dos 80 m.v.Nunha proba tan difícil como son os 80 m.v. o noso representante fixo unha excelente carreira, superando limpamente todas as vallas.Conseguíu o 6º posto na primeira semifinal cun tempo de 19.33.O segundo en competir foi Darío en lanzamento de xavelina.O noso lanzador infantil realizou unha magnífica tempada que se víu culminada coa clasificación para este campionato provincial.Nos dous primeiros lanzamentos realizou nulo posto que pisou a liña que delimita a zona de lanzamento, e no último lanzamento mandou a xavelina ata os 13,40 m. que lle deron o 14º posto. Xa na xornada de tarde, o primeiro en competir foi Diego, en salto de lonxitude.A súa actuación foi excelente, indo de menos a máis en cada un dos seus tres saltos.No primeiro deles acadou os 3,87 m., no segundo foise ata os 3,96 m.,e no último salto conseguíu saltar nada máis e nada menos que 4,21 m., marca persoal e coa que obtivo un sensacional 4º posto.A continuación foi o turno para Álvaro en lanzamento de pelota.Chegaba a esta competición coa 5ª mellor marca de todos os participantes e polo tanto con opcións de medalla. Ao igual que Diego en salto de lonxitude, a competición de Álvaro tamén foi excelente, mellorando en cada un dos seus lanzamentos.No primeiro deles conseguíu mandar a pelota aos 21,94 m.,no segundo foise ata os 23,03 m., e xa no último acadou os 23,69 m., marca esta última coa que conseguíu un extraordinario 4º posto.
Dende aquí queremos felicitar a PABLO, DARÍO, DIEGO E ÁLVARO por chegar ata o campionato provincial e polos excelentes resultados acadados no mesmo, e tampouco nos queremos esquecer de ÁNGEL e MARÍA que tamén conseguiran a súa clasificación para este campionato.NORABOA A TODOS!
ESPERAMOS QUE CONTINUEDES PRACTICANDO E DISFRUTANDO CO DEPORTE.

Podedes consultar os resultados completos na seguinte dirección:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/s240514.pdf

MONTAXE CON FOTOS E VÍDEOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario