.

.

domingo, 29 de junio de 2014

TORNEOS DE BÁDMINTON


     

Veñen de rematar os torneos de bádminton que se celebraron ao longo dos meses de abril e maio no Ceip San Vicenzo e que tanto éxito de participación tiveron.Máis de 70 nenos/as competiron por parellas nas tres categorías existentes, divididas segundo o curso escolar.Así celebrouse un torneo para os/as alumnos/as de 3º de educación primaria, outro torneo para os/as alumnos/as de 4º de educación primaria e por último un torneo para o 3º ciclo de educación primaria ( 5º e 6º).Os partidos celebráronse nos recreos da mañán, no polideportivo.Os partidos de 3º e 4º de primaria disputáronse  ao mellor de 15 puntos; mentres que os partidos do torneo do 3º ciclo xogáronse ao mellor de 21 puntos.Case tódolos partidos foron moi igualados, dende as primeiras roldas ata as finais, mostrándo os/as xogadores/as unha gran destreza coa raqueta e a pluma.En cada torneo houbo un cadro principal polo cal avanzaban as parellas que gañaban os seus partidos, e un cadro de consolación ao que accedían as parellas que perdían en primeira ou segunda rolda do cadro principal.O obxectivo do cadro de consolación era que tódalas parellas tivesen a oportunidade de xogar polo menos  dous partidos, e ao mesmo tempo manter o interese e a ilusión por seguir xogando.Unha vez rematados os torneos, podemos afirmar rotundamente que foi unha magnífica idea, posto que houbo parellas que perdendo na primeira ronda do cadro principal, mantiveron a ilusión por xogar e lograron chegar á final do cadro de consolación. Isto significa, e que é o máis importante, que xogaron 3 ou 4 partidos máis, e que de non haber cadro de consolación únicamente houbesen xogado un só partido, polo que é moi probable que o seu nivel de motivación para seguir practicando bádminton fose baixo.Visto o visto nos recreos, o éxito do bádminton foi rotundo, xa que unha vez rematada a súa participación nos torneos, foron e son moitos/as os/as nenos/as que durante o recreo achéganse ao polideportivo para divertirse xogando a este deporte.
No torneo de 3º curso de primaria, a final do cadro principal disputárona tres parellas ( realizouse un triangular; cada parella tiña que xogar dous partidos contra as outras dúas parellas, sumando por cada victoria tres puntos).O cadro de honra foi o seguinte:

1ºposto: ALEJANDRO ROEL / NATALIA TORRES (3ºB)
2ºposto: LUCÍA ROGET / ALEXANDRA ROMERO (3ºB)
3ºposto: BRAIS SANTOS / ADRIÁN PAZOS (3ºA)

En canto ó cadro de consolación o resultado final foi o seguinte:

1ºposto: NEREA BLANCO  / ANTÍA OZÓN  (3ºA)
2ºposto: ISABELLA SARRIA / SHARAY CAAMAÑO (3ºA)

No torneo de 4º curso de primaria,  o resultado final do cadro principal foi o seguinte:

1ºposto: SERGIO MOUZO / FABIÁN SENDÓN
2ºposto: KARINA MOUZO / ANDREA MÉNDEZ / NOELIA SPATA

En canto ao cadro de consolación, o resultado final foi o seguinte:

1º posto: VÍCTOR CANOSA / PABLO BLANCO
2º posto: MIGUEL SUÁREZ / MANUEL CANOSA

E por último, no torneo de 3º ciclo, as finais tanto do cadro principal coma do cuadro de consolación, disputáronse entre 3 parellas (cada final), baixo o formato "final triangular".Cada parella xogaba dous partidos contra as outras dúas parellas.Cada victoria sumaba tres puntos.O resultados finais foron os seguintes:

Cadro principal 3º ciclo:

1ºposto: ALBERTO ANDÚJAR / FLAVIO CASTRO
2ºposto: DAVID BLANCO / DANIEL ARIAS
3ºposto: HILARIO SUÁREZ / DIANA RODRÍGUEZ

Cadro de consolación 3º ciclo:

1º posto: GUILLERMO DEL MORAL / RODRIGO GONZÁLEZ
2º posto: BRAIS TOURIÑÁN / MARIO REGUEIRA
3ºposto: ANÍBAL CALO / JOSE CASTRO

Noraboa a tódolos/as participantes e esperamos que continuedes xogando coa raqueta e a pluma. Esperamos vervos a todos/as nos torneos do vindeiro ano e que animedes a participar aos compañeiros/as que este ano non o fixeron.E non nos podemos esquecer dos árbitros que co seu magnífico traballo axudaron a que esta competición se desenvolvese con normalidade.MOITAS GRAZAS!E recordade, gañar está moi ben pero O MÁIS IMPORTANTE E PARTICIPAR E DIVERTIRSE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.
A continuación podedes ver tres montaxes con fotos sobre o campionato.Esperamos que vos gusten.Un saúdo.
CAMPIONATO DE 3º CICLO DE ED.PRIMARIA


CAMPIONATO DE 4º ED.PRIMARIA



CAMPIONATO DE 3º ED.PRIMARIA


No hay comentarios:

Publicar un comentario