.

.

viernes, 24 de abril de 2015

CAMPIONATO INTERCOMARCAL ATLETISMO EN PISTA -1ª XORNADA INFANTIL


Resultado de imagen de GIFS ATLETISMO CHICA CORRIENDOResultado de imagen de GIFS ATLETISMO CHICA CORRIENDO

O pasado sábado 11 de abril, cinco alumnos/as e atletas do Ceip San Vicenzo participaron na 1ª xornada infantil do campionato intercomarcal de atletismo en pista. A proba celebrouse nas pistas de atletismo de Riveira en horario de tarde. Os/as nosos/as representantes disfrutaron dunha tarde magnífica practicando atletismo, acadando uns magníficos resultados en cada unha das probas nas que participaron. Así:

-Diego Romero Aguiar: 1º nos 150 m.l. cun tempo de 20.73; 2º en lanzamento de peso con 7.59 e 4º en salto de lonxitude cun mellor salto de 4.11.
-Álvaro Quintáns García: 22º en salto de lonxitude con 2.92 e 14º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 5.46.
-Adrián Pereira Fernández: 12º en lanzamento de peso cun mellor rexistro de 6.54 e 3º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 13.16.
-David Villaverde Ameijeiras: 12º en 500 m.l. cun tempo de 1.44.94; 21º en salto de lonxitude cun rexistro de 3.00 e 23º en lanzamento de peso con 4.89.
-Carolina González Castro: 5ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 14.73; 4ª na súa serie de 150 m.l. cun rexistro de 28.05 e 8ª en lanzamento de peso con 5.10.

Pódense consultar os resultados completos no seguinte enlace:


A segunda xornada celebrarase o vindeiro 9 de maio na Pobra do Caramiñal.
NORABOA POLOS MAGNÍFICOS RESULTADOS ACADADOS E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DISFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario