.

.

martes, 10 de mayo de 2016

LIGAS DE BRILÉ 2015-16



Durante os recreos do primeiro e do segundo trimestre celebráronse as ligas de brilé de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria. A competición de 1º ciclo levouse a cabo ao longo do segundo trimestre. Foron 5 os equipos participantes os cales estaban compostos por xogadores/as mesturados/as de 1º e 2º de primaria (LEÓNS E LEOAS, TIGRES E TIGRESAS, CEBRAS, GACELAS E XIRAFAS). Todos/as o pasaron moi ben mostrando un gran nivel de xogo e unha gran deportividade.Todos/as os/as xogadores/as recibiron un diploma de participación.
A competición de 2º ciclo celebrouse ao longo do primeiro trimestre.Foron 4 os equipos participantes (LOS DRAGONES DE COMODO, LOS DESCENDIENTES, RUSCA LOS MEJORES, COCA-COLA).Os partidos foron moi disputados sen perder nunca a deportividade, proclamándose campión o equipo de RUSCA LOS MEJORES de 4º A.
En canto á competición de 3º ciclo dicir que se celebrou ao longo do primeiro trimestre e na cal participaron 5 equipos (BALONES DE ORO, OS VIMIANCESES, LOS GALÁCTICOS, LOS DIABLOS BLANCOS e BOOM).Todos/as os/as participantes mostraron un gran nivel de xogo e sobre todo unha gran deportividade.O equipo de LOS DIABLOS BLANCOS proclamouse campión da liga.
Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as participantes polo ben que o fixeron e pola gran deportividade mostrada ao longo da competición, RECORDANDO QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É XOGAR E FACER DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario