.

.

lunes, 9 de mayo de 2016

ATLETISMO EN PISTA - 2ª XORNADA INFANTIL



O pasado sábado 7 de maio, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a segunda xornada do campionato intercomarcal de atletismo en pista na categoría infantil. O Ceip San Vicenzo estivo representado por 6 atletas que competiron de maneira fantástica mostrando un gran nivel nas probas nas que participaron.

Os resultados dos/as nosos/as atletas foron os seguintes:

INFANTIL MASCULINO
  • Hugo Santos Pérez : 2º na súa serie de 80 m.l cun tempo de 13,88, 7º en lanzamento de disco cunha marca de 15,40 e 2º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 17,33.
  • Fabián Sendón Amado : 22º en salto de lonxitude cunha marca de 2,68, 11º en lanzamento de disco cunha marca de 11,68 e 2º na súa serie de 220 m.v. cun tempo de 46,81.
  • Manuel Canosa Dopazo : 2º na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 17,81, 5º en lanzamento de disco cunha marca de 16,05 e 5º en lanzamento de xavelina cun rexistro de 16,87.
INFANTIL FEMININO
  • Antía Ageitos Pasantes : 5ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 19,04, 14ª en lanzamento de peso cunha marca de  3,23.
  • María Villaverde Ameijeiras : 13ª en salto de lonxitude cunha marca de 3,26 , 1ª en 1000 m.l. cun tempo de 3.38.62, 2ª na súa serie de 220 m.v. cun tempo de 44,50.
  • Andrea Méndez Arjomil :4ª na súa serie de 80 m.l. cun tempo de 14,92, 4ª en lanzamento de disco cun rexistro de 14,31 , 4ª en lanzamento de peso cunha marca de 5,82. 

Dende aquí queremos felicitar aos/as nosos/as atletas polos magníficos resultados acadados que seguramente mellorarán nas seguintes competicións grazas a súa capacidade de esforzo, sacrificio e ilusión que mostran día tras día, E RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.


2 comentarios: