.

.

lunes, 9 de mayo de 2016

BÁDMINTON - CAMPIONATO INTERCOMARCAL ALEVÍN



O pasado xoves 21 de abril, celebrouse no polideportivo da Serra de Outes, o campionato intercomarcal alevín de bádminton no que o Ceip San Vicenzo de Vimianzo estivo representado por 35 xogadores/as (20 en categoría masculina e 15 en categoría feminina).Todos/as competiron de maneira fantástica, demostrando un gran nivel de xogo. Na categoría masculina, o xogador  que obtivo o mellor resultado foi Fabián Sendón Amado, chegando ata os cuartos de final. Pero os mellores resultados chegaron na categoría feminina na cal as nosas xogadoras acadaron tres medallas. Lucía Roget Blanco e Alexandra Romero Pais realizaron un magnífico campionato acadando a medalla de bronce, mentres que María Villaverde Ameijeiras xogou de maneira fantástica todos os partidos, proclamándose nada máis e nada menos que campiona intercomarcal. Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as nosos/as xogadores/as polo ben que o fixeron, E RECORDANDO QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICPAR, XOGAR E DESFRUTAR FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.









No hay comentarios:

Publicar un comentario