.

.

martes, 10 de mayo de 2016

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN



Este curso, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebramos novamente a "Carreira Solidaria Save The Children" conxuntamente co día da paz. Nunha tarde soleada, todo o alumnado do centro, baixou ao patio para realizar unha coreografía da canción "A DANZA DA PAZ". Posteriormente, divididos en clases, comezando polos/as máis pequenos/as ata os /as máis maiores, realizaron a carreira solidaria. Os/as máis pequenos/as deron unha volta ao patio, mentras que os maiores deron tres voltas. Cada alumno/a participante aportou a cantidade de diñeiro que considerou oportuna co fin de recadar fondos para axudar aos nenos/as máis desfavorecidos. Nesta ocasión recadáronse 480€. Dende aquí queremos felicitarvos a todos/as pola gran solidaridade mostrada.
No seguinte enlace pódese ver un vídeo e as fotografías da actividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario