.

.

martes, 10 de mayo de 2016

LIGAS DE BALONCESTO 2015-16



Ao longo do segundo trimestre e durante o tempo de recreo, celebráronse as competicións de baloncesto de 3º curso, 4º curso, e 3º ciclo.
A competición de 3º curso organizouse en formato de liguilla baixo o sistema de lanzamentos a 21 puntos, é dicir, o primeiro equipo que chegase a eses número de puntos gañaba. Participaron 7 equipos que estaban compostos por 3-4 xogadores/as.Todos/as os/as participantes mostraron que teñen unha boa boneca para lanzar a canastra. Ao final da competición todos/as rebiron o seu diploma de participación.
A competición de 4º curso celebrouse en formato liguilla baixo o sistema de partido "normal", no cal se enfrontan dous equipos gañando o que acade máis puntos ao remate do tempo reglamentario. Participaron 4 equipos, proclamándose campión o equipo de LOS DIOSES DEL BALONCESTO de 4º A.Os partidos foron moi desputados, mostrando todos/as os/as xogadores/as un gran nivel de xogo destacando ademais pola magnífica deportividade mostrada.Os/as gañadores/as recibiron o seu diploma que os acredita como campións.
En canto á competición de 3º ciclo, celebrouse no mesmo formato que a competición de 4º curso e na mesma participaron 4 equipos.Foi unha competición moi intensa e igualada na que os partidos estiveron moi desputados ata os minutos finais.MVP foi o equipo que se proclamou campión da competición, recibindo cada un dos/as seus/súas compoñentes un diploma que os acredita como tal.
Dende aquí queremos darlle a noraboa a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron, RECORDÁNDOLLES QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE  É PARTICIPAR, XOGAR E APRENDER  XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario